Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Historia dun Internauta galego (II)

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Historia dun Internauta galego (II)

Historia dun Internauta galego (II)

Grazas a VIEIROS por manter este espazo de liberdade na Rede Galega.   

Enviada por Erasmo Erasmo o 26/08/2009 14:16

Despois do fume espeso chegou un tempo espeso de silencio controlado nas redes galegas.  Moitos chegaron a diagnosticar mesmo a morte do blogomillo e outras lindezas semellantes.  Pero era outra cousa: era o control social a traveso das novas tecnoloxías o que estaba a suceder en Galicia.  Silente e con paso firme foise abrindo camiño unha nova tese: calquera que ousara empregar as novas tecnoloxías para denunciar o malgoberno do bipartito tiña os días contados na rede galega.

Con disciplina militar (con dedicación exclusiva día e noite) un exercito de ciberactivistas rastrexaba canta información se tentaba transmitir contra o bipartito e moi especialmente contra calquera das consellarías do BNG.  Excomunión Virtual e novamente silencio.

Este comportamento dos internautas debera ser analisado de vagar, máis eiquí non teño tempo para facelo coma merece, só recoméndarlles o diván da psicánalise para comprender o que fixeron (e algúns aínda fan) coa liberdade de expresión na rede galega. Represión e intoxicación sistemática da comunicación. Caza de bruxas e escrache permanente!

Daquela comprendín cas novas tecnoloxías non ían salvar o mundo, que se precisaba dos homes e mulleres que estaban detrás delas. Coma sempre foi e coma sempre será ata que o mundo remate convertido nun enorme obxecto virtual coas conciencias da xente enterradas para sempre baixo as teses da neurociencia. Pero iso é outra historia.

Volvamos á pequena historia dun Internauta galego e que non sabe informática nen inglés. Ozú mi madriña !

Coma xa dixen viñeron os tempos dos blogs (que aínda perviven) e tamén os tempos da Chuza! un proxecto personal de Berto Yáñez baseado en outros modelos funcionais como digg.com e meneame.net, que tenta crear un sistema de edición non xerárquica de novas pioneiro en Galiza.  En Chuza pasei máis tempo mudo que falando.

Tanto tiña a nova que enviaras: dende denuncias polas louseiras do Courel ata o decreto do bacharelato en Galicia... todo tiña votos neghativos, todo tiña comentarios insultantes, todo tiña que ser tachado de hepañoleiro ou bífido... Daquela fun aprendendo que algúns montaran un sistema de edición non xerárquico para facerse os 'donos da rede galega' e non permitir que ninguén fóra dela viñera postear sen ter o consentimento previo da camarilla da Chuza!

Moitas veces queixeime daquel trato discriminatorio (non por mín senon polas novas que enviaba!) e o resultado foi aínda peor que se non dixera absolutamente nada: estiven máis tempo condeado aos infernos do Karma Negativo (sistema de puntuación polo cal un usuario non pode nin comentar nin falar co resto de usuarios ata recuperar puntuación votando outras novas) co tempo que puden disfrutar de actividade neste lugar; o proxecto mentres tanto era premiado e publicitado polo BNG con todo tipo de distincións e consideracións (incluída a publicidade institucional que daquela foi abondosa en Chuza! e mesmo criticada polos chuceiros máis combativos na rede).

Existía un lugar chamado Chuza!Wiki (calquera sabe que un Wiki é un lugar aberto onde poder editar artigos de xeito colaborativo cos demáis usuarios en tempo real) e nese Wiki existía un artigo interesante denominado Política no que se trataba de facer un seguimento dos blogs e webs dos políticos galegos en campaña electoral... aínda podedes ver os seus restos na rede. Un bo día sen comunicación previa o artigo foi pechado de xeito que non permitira máis edición nin actualización: novamente o silencio, mais esta vez deberamos chamarlle polo seu nome: Censura Previa!

Non tiven máis remedio que replegarme ao meu blog persoal Erasmo, aínda hoxe na plataforma Europa Press, dentro dun proxecto denominado Cadernos Cidadáns.  Pretendíase daquela unha alfabetización dixital da poboación: cada cidadán un blog; prometeran unha crecente intervención das Administracións Locais que nunca se chegou a producir. Seica os concelleiros e concelleiras nunca tiveron tempo (nin habilidades) como para atender virtualmente á cidadanía á que dicían representar... Silencio.

A estas alturas produciuse un feito singular na política galega: o enfrontamento por culpa do Decreto de Normalización Lingüística, tímida copia da política de inmersión lingüística que dende anos levara adiante a Generalitat de Catalunya e que grazas aos pactos do nacionalismo periférico (Galeuscat) viuse rápidamente publicitado en tódolos medios virtuais e impresos do país.  Cicais foi poñer o carro diante dos bois... pois a reacción non se fixo agardar. Primeiro un colectivo denominado Tan gallego como el gallego (coruñés de nación e con antecedentes en AGLI) e meses máis tarde coa escisión e nacemento da xa ben coñecida Galicia Bilingüe (GB).

E grazas á miña simpatía pola tese da Liberdade Lingüísica comenzou a arder o inferno. Escribira o que escribira (que foi bastante e argumentado) recibín tal cantidade de improperios e descalificacións persoais (sempre mantiven o nick Erasmo) que calquera no seu sano xuízo houbera abandoado a rede nacionalista para sempre xamais!

Seica era (e sigue sendo ás veces) a consigna a seguir: se non aceptas a normalización á forza, eres un traidor a Galicia ou aínda peor, un conspirador da ultradereita máis reaccionaria dos tempos do tardofranquismo. E punto final: aquí non se admiten medias tintas nin emendas parciais: ou con eles... ou contra deles... se con eles todo adiante, se contra deles só che queda morrer ou desaparecer para sempre na rede.  Dá igual o que digas ou do que fales: eres un traidor bífido, un exemplo da enfermidade do auto-odio ancestral, un deturpador dos anceios lexítimos da nación galega... e mil e unha flor que mellor non repetir aquí porque está no ánimo de todos os que as lemos e as sofrimos nestes anos de chaladura virtual.

Continúa e remata !


2,2/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Historia dun Internauta galego (II)