Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Uruguai constrúe o aeroporto máis adiantado de América do Sur

  O arquitecto uruguaio Rafael Viñoly, deseña e dirixe a construción da meirande obra pública do estado uruguaio, o novo edificio do aeroporto internacional de Carrasco, o profesional da nova globalización, fixo o deseño da obra dende a súa oficina nos EUA. O novo aeroporto de Montevideo, a cidade apracible na que irrompe o novo século cun edificio do primeiro mundo.

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 07/08/2009 01:49

  Logo dunha abafante colleita de recoñecementos e traballos polo mundo o arquitecto uruguaio Rafael Viñoly, que fica dende moitos anos na cidade de Nova Ior, deseña e dirixe a construción da meirande obra pública do estado uruguaio, o novo aeroporto internacional de Carrasco, a vía de acceso ao país polo ar, un proxecto de condicións abraiantes polas dimensións, o edificio duns 45 mil metros cadrados, cun teito solar de 360 graos e uns xigantescos espazos para-los viaxeiros, na busca de rematar coas fileiras e os tempos mortos habituais até agora no vello aeroporto. Disporá así mesmo de seis postos de embarque a un tempo, dezaoito postos de migracións e trinta e dous posicións coa finalidade que as empresas de voo atendan aos pasaxeiros e turistas.

O arquitecto Viñoly é o profesional da nova globalización, fixo o deseño da obra dende a súa oficina na cidade dos EUA na que ten o seu estudo, aínda dende aló segue o desenvolvemento da construción. O novo arquitecto que estudou no Uruguai, choutou o charco e deu comezo a súa singradura profesional na Arxentina, e dende alí nunha viaxe á cidade de Nova Ior coa finalidade de daren uns faladoiros, xa nela mudou a ollada ao respecto do seu futuro e decidiu ficar na cidade dos rañaceos, na que fixo os primeiros traballos salientables, entre eles o edificio do Colege of Criminal Justice of Nueva York, obra que xunto ao Forun de Toquio le asegurou un posto na bancada dos nomeados e prestixiosos no eido da arquitectura mundial, máis un alude de recoñecementos e traballo a esgalla.

As obras que saíron do maxín do novo mestre foron entre outras a Battersea Station en Londres, o Teatro Curve na cidade de Leicester ou o Kimmel Center of Arts en Filadelfia. Ao longo dos derradeiros vinte anos o arquitecto Viñoly non detivo a súa tarefa polo mundo, as pegadas do seu traballo fican nos EUA, Dubai, Bahrein, Qatar, Bos Aires, o edificio Aqua na cidade de Punta do Leste no Uruguai, o museo Fortabat de Porto Madero na cidade de Bos Aires, ou o deseño dos novos rañaceos da cero zone en Nova Ior.

Logo de percorrer-lo mundo deixando fortes sinais da súa creatividade, remata a carreira coa obra pública do novo aeroporto de Montevideo, a cidade apracible na que irrompe o novo século cun edificio do primeiro mundo, que sae do xenio dunha persoa que seica pensa que a obra dos arquitectos e posíbel grazas as persoas que as empregan, polo que opón a verdadeira utilidade ao requintado finximento. Dende a cidade onde fica e traballa, Rafael Viñoly agarda vizoso, aos seus sesenta e cinco anos, a chegada do mes de agosto coa posta en servizo cara ao público da obra que finca na modernidade ao seu país, nos últimos cen anos.


4,78/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: