A obra de Rubén Ruibal (Premio Nacional de Teatro) e Carlos Losada, Fume, remata súa andaina no Club de Lectura do Centro de Estudos Eurorrexionais. Este espazo web trata de crear un punto de encontro entre lectores e escritores a ambos lados da Raia. Configurase coma unha nova ponte de comunicación entre os afecionados a lectura.
Para o CEER o establecemento de redes e canais de comunicación é unha prioridade. E neste eido é no que se enmarca o Club de Lectura, un espazo para compartir, expresar, coñecer e debater sobre a literatura, sobre novos mudos ficticos.O Club de Lectura é unha iniciativa máis que se suma dentro do CEER, como experiencia de innovación social entre dous territorios como son Galicia e o Norte de Portugal, co fin de achegarnos e coñecernos un pouco maís. Esta experiencia pioneira na Eurorrexión, nace coa intención de crear comunidade e estreitar os lazos entre aqueles que consideran que é mellor colaborar que competir, e entre os que consideran que son moitos os puntos en común.
O Club de Lectura, remata hoxe a obra de teatro Fume, pero continua coa obra Insomnio, que podesdes decargar aquí mesmo, ou dende a web da Editorial Estaleiro Editora.
O que se pretende co Club de Lectura é crear un espazo no que a xente escriba aquerlo que sinte coa obra, o que lle trasmite, o que lle suxire, para que entre todos podamos compartir as nosa inquedanzas ao respecto dos libros que se comentan.
Co fin de que o Club de Lectura se configure como un espazo aberto e comunicativo, queremos recordarvos que podesde suxerirnos calquer obra, para iso tedes que enviar un correo a : comunicación@fceer.org, indicando a obra que estimades que podería ser interesante para comentar.
Para rematar dende aquí queremos lanzarvos esta debate. Que obra considerade que sería a mellor para comantar despois da de Insomnio: Arraianos de Mendez Ferrín ou o Home que non amaba as mulleres?