Tradicción é o título do CD que inclúe as músicas do ultimo espectaculo dá Nova Galega de Danza, e que foi presentado hoxe na Coruña, e que xa está á venda.
Tradicción é a derradeira entrega dunha triloxía que comenzou en 2003 con espectáculo ALENTO, que inaugurou un novo xeito de concebir a danza e a música realizadas en Galicia.
ENGADO chegou en 2007, abrindo os camiños da fusión na música galega e paseándose polor mellores escenarios de Galicia e do estado.
Agora chega TRADICCIÓN , a consolidación dun proxecto que vén de recibir o Premio de Ciencias e Artes da Representación 2009, outorgado pola Fundación Premios da Crítica- Galicia.
Pedro Lamas é o director musical deste grupo de excelentes interpretes galegos, que son os encargados de levar a música en vivo nas actuacións da Nova Galega de Danza.
En palabras de Pedro, "este é un tributo aos nosos músicos populares". María Xosé Bravo, Concelleira de Cultura, do concello da Coruña, estivo presente no acto.