Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Operación Valquiria: Como Hollywood atenta contra a Historia

Entrevista de Grógoire Lalieu a Annie Lacroix-Riz

Tradución ao galego por Estoutras

«Stauffenberg era excepcional», di o actor Tom Cruise en plena promoción da película Valquiria. A produción de Hollywood relata a trama do 20 de xullo de 1944 na que un feixe de soldados alemáns tentaron asasinar a Hitler. Mais a película non se detén no perfil e motivacións destes resistentes. Annie Lacroix-Riz, profesora de Historia Contemporánea na Universidade de París-VII, explica os antecedentes dos acontecementos e ataca a idílica versión de Hollywood.

Enviada por Acorredoira Acorredoira o 03/03/2009 00:10
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

Cales foron as motivacións de Stauffenberg e o seus colaboradores? Lavar a honra de Alemaña, sucia polas atrocidades de Hitler ou salvar os móbeis dunha guerra que estaba a piques de perderse?

Evidentemente, a segunda proposta é a correcta. O complot é moi tarde e non significaba ningún tipo de desafío ás principais características da política alemá: ocupación, exterminio e saqueo. Stauffenberg o seus compañeiros apoiaron sempre ao réxime. Ningún estudo serio sobre o coronel nega a súa aprobación da política nazi e da súa contribución militar, incluso antes da guerra. Estes homes apoiaron as peores atrocidades do réxime nazi. Proceden dun entorno no que florece o odio á democracia, á filosofía progresista da Ilustración e aos xudeus.

O obxectivo dos acontecementos do 20 de xullo era negociar un acordo cos ingleses e norteamericanos. Era posíbel esta negociación?

Desde a derrota alemá en Stalingrado en 1943, existiron negociacións cos ingleses e estadounidenses para chegar a unha solución do tipo nazismo sen Hitler. Incluso houbo negociacións a finais dos 30 e principios dos 40. Tratábase de discusión formais, a nivel gobernamental ou a nivel empresarial, nas que se falaba do reparto do continente e, sobre todo, sobre unha expansión na Unión Soviética. Naquela época, estas negociacións non tiveron éxito, xa que Alemaña pedía máis do que os anglo-americanos estaban dispostos a conceder. Ten que saber, porén, que esta política de compromiso, iniciada orixinalmente co nome de política de acougamento, mantívose moi viva nos anos que seguiron e só foi minada pola situación militar. De feito, os grandes empresarios alemáns mantiñan ligazóns co empresariado inglés e aínda máis co norteamericano. Así, pouco despois da entrada dos Estados Unidos na guerra a raíz do bombardeo de Pearl Harbor en 1941, importantes personalidades deste país vinculadas ao negocio petroleiro participaron nunha reunión en Xenebra cos seus colegas da IG Farben, o imperio alemá da química industrial. A mensaxe destes últimos foi: «Vostedes esquécense da Unión Soviética e xa se arranxarán co resto.» Mais, evidentemente, pouco había que negociar após o desastre da Blitzkrieg (guerra lóstrego). Xa que logo, a proposta alemá ficou totalmente invalidada.

Entre algúns militares alemáns, as discusións diplomáticas camiñas por ese mesmo rego, explorando vías para unha solución sen Hitler. Esta idea tiña unha boa acollida entre os dirixentes e os empresarios anglo-estadounidenses, quen trataron de demostrar que, en última instancia, só uns poucos de homes substituíbeis impedían a reconciliación con Alemaña. É esta unha característica moi importante da política dos Estados Unidos respecto aos inimigos oficiais da época, como Italia ou Francia. Neste último caso, que estudei polo miúdo (1), os norteamericanos tentaron estabelecer o que eu chamo unha solución de Vichy sen Vichy, é dicir, manter o réxime substituíndo tan só uns poucos dirixentes.


Resto da entrevista AQUÍ


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: