Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Begonte sen pediatra

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Begonte sen pediatra

Begonte sen pediatra

Pensamos seguir defendendo o que coidamos un dereito, a sanidade dos nosos fillos e fillas.

Enviada por redaccion redaccion o 02/02/2009 10:01

As nais e pais afectados pola falta de pediatra no Concello de Begonte, queremos comunicar:

- Que este domingo durante 1:30 horas aproximadamente (dende as 16:30 ata as 18:00 horas) estivemos unhas 100 persoas concentradas diante do Hospital Materno Infantil, como medida de protesta ante o abandono pedíatrico que levamos padecendo. Nesta concentración tivemos unha pancarta de 3 metros que dicia: "Os nenos do Concello de Begonte pedimos un servicio de pediatría digno", e numerosos nenos e nenas sentados nas escadas con pequenas pancartas: "Papá e mamá pagan todos os meses, pero en Begonte débennos unha pediatra.", " Queremos unha pediatra"...

- O venres entregamos no edificio do Sergas, da Praza de Ferrol, nas oficinas; a recollida de firmas, das que conseguimos unhas 800. O que demostra que todo o pobo se solidariza con nós.

- Despois desta concentración, esperamos unha resposta positiva. Pero tamén pensamos seguir defendendo o que coidamos un dereito, a sanidade dos nosos fillos e fillas. Así solicitámoslle ó Alcalde de Begonte, unha copia do censo dos rapaces do noso Concello, co cal calcular unha regra de tres, posto que a nós non cadran os números que o Delegado, na súa visita, nos ofreceu.
Ademáis nesta conversa "deixou caer" que se os números non se correspondían, tamén poderían cambiar os días de consulta. Así que agora, teremos que tomarnos uns días conseguindo datos e facendo novos cálculos. Que por suposto pensamos ofrecer á prensa.

Moitas gracias pola vosa colaboración.
Pais e nais afectados pola falta de pediatra no Concello de Begonte.

PEGO AQUÍ O QUE SOLICITAMOS PARA REFRESCAR A MEMORIA:

Que a pediatra acuda ó centro médico de Begonte dous días á semana, alternos, a tempo completo.

Que durante as súas visitas, a pediatra teña unha enfermeira/o, exclusivamente para facer revisións rutinarias ós pequenos e pequenas.

Que en períodos de baixa da pediatra teñamos un substituto/a.

Que o Sergas envie: unha balanza dixital, unha cinta métrica, un novo moble, podoscopio, optotipo, TNO (para visión estereoscópica), manguitos de tensión infantís, un contenedor de pañais, canutillos dos oídos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: