O Brasil insire 45 mil millóns de dólares das súas reservas monetarias no mercado interno para manter a súa economía co fornecemento do consumo de bens e a produción nas factorías, máis a estabilidade do emprego. Agoiran unha forte medra do despedimento no mundo por mor da crise económico-financeira a estimanza fica preto dos 70.000 traballadores en todo-los eidos das factorías e o comercio. Mentres o dólar elevase nos mercados do país a General Motors de arxentina co apoio do goberno lanza un plan para-la renovación do parque de taxis urbanos, no entanto bota ao desemprego 2.000 traballadores. Rusia enfronta a crise e devala a súa moeda nun dez por cen, co que un euro valera 41rublos. Medran os datos negativos, o desemprego e óuvense novos agoiros para-la industria da construción na economía dos EUA e a compañía Microsoft deixa nas rúas 5.000 empregados, a economía chinesa só medro un nove por cento e a produción mundial de aceiro caeu o vinte e cinco por cento, a Soni do Xapón estragará cartos na primeira vez na súa historia.
Polo seu forte desenvolvemento económico máis a súa calidade de liderado na rexión e por mor da crise financeira mundial o Brasil decidiu inserir corenta e cinco mil millóns de dólares das súas reservas no mercado interno, a prol de garantir os investimentos nos eidos da industria e o comercio. Tratase de deixar unha forte pegada cara aos investidores cun feixe amplo de cartos e o aceno ao futuro da protección da actividade económica nas factorías, co mantemento do emprego asemade o consumo, máis a xeración de novos empregos.
Os sinais de perigo chegaron no mes de decembro cando o Brasil sufriu a maior perda de postos de traballo, así e todo agora fica nun sete por cen de desempregados cun forte crecemento do emprego no comercio e os servizos. Outra fasquía da loita contra-la crise é o establecemento dun forte control das importacións, cun tramite de licenza previa para os eidos estratéxicos da produción de plásticos, ferro, aceiro, cobre, aluminio, tecidos, automotor, entre outros, fornecendo o resgardo da industria e o comercio do país.
A moeda dos EUA, o dólar, segue sendo se cadra o refuxio dos investidores na Arxentina nos tempos de crise, logo dunha suba sostida acadou os 3,50 pesos ca é o meirande valor dos derradeiros seis anos, a medra ten un baseamento psicolóxico máis que un verdadeiro influxo na economía real, dende logo é ben acollido no terreo das vendas ao estranxeiro, xa que fai máis axeitados os negocios da exportación e medran as ganancias.
O grupo financeiro e de aseguramentos holandés ING fechara parte do seu negocio de fondos de pensións na Arxentina, pola perda de mil millóns de dólares ao nivel da súa carteira mundial, pola mesma banda rexeitara o patrocinio do equipo da F1 onde destaca o ástur Fernando Alonso, aínda que foi avaliada polo reino de Holanda, a multinacional excluirá 7.000 postos de traballo alén do mundo.
O xigante automotriz, GENERAL MOTORS, deixa sen emprego uns 2.000 traballadores pola forte caida da demanda dos seus produtos ao longo do mundo, no entanto asinou un convenio co goberno da Arxentina para-la fabricación dun vehículo de baixo prezo, destinado a anovar a flota de taxis urbanos do país.
A tenda de rebaixas e promocións de mercadorías e equipamento do fogar dos EUA, HOME DEPOT, coa causa da mingua das vendas conxelara as pagas actuais dos traballadores na busca de aforrar máis de quiñentos millóns de dólares e suprimira o dous por cen do seu cadro de persoal, unhas 7.000 persoas, pola súa banda así mesmo o fabricante de ferramenta e maquinaria para-la construción e a minaría, CATERPILLAR, cun forte fallo no mercado interno decidiu restrinxir 20.000 postos de traballo.
Nos EUA énchense as ringleiras do paro mentres caen os números dos permisos de novas construcións de casas, polo que preto de 600.000 persoas pediron a axuda polo desemprego, no entanto a baixada da ocupación de man de obra na construción esta a ser a proba máis crible da crise económico-financeira no país de Barac Obama, outra faciana da crebra da economía e a teimuda caida da produción de aceiro, dun vinte e cinco por cen, por mor da menor actividade na industria da construción e a fabricación de vehículos. Os grandes da informática MICROSOFT, GOOGLE e YAHOO entre outros, mantén o control na cadansúa área do mercado cun forte fluxo de cartos co fin do desenvolvemento axeitado dos propios proxectos, máis a freada económica a prol da crise fai que agora estean a deter o crecemento dos diversos plans ancorados á subida económica sostida dos últimos anos, hoxe co esmorecemento das vendas, o afogo financeiro e as queixas dos investidores, botaran fora enriba de 10.000 empregados nos vindeiros dezaoito meses.
A factoría holandesa de electrónicos PHILLIPS, axustara a súa andadura aos novos vieiros da economía mundial e os efectos da crise, cos números roxos nas contas, polas perdas rexistradas no ano 2008 e coa escusa de afacer máis rendible a empresa, deu a nova dun plan de despedimentos de persoal que prexudicara a 6.000 traballadores.
Por mor da crise económico-financeira que acada o país cesou en Islandia o goberno de Geir Haarde, unha coligación de centro dereita coa socialdemocracia, logo de moitos anos dun sostido sosego e dunha salientable prosperidade económica e social baseada no desenvolvemento das finanzas, o primeiro ministro cedeu a tensión do pobo ca pediu a saída do goberno e adiantou as eleccións xerais para o 9 de maio. O xefe do goberno do Reino Unido, Gordon Brown pediu o establecemento dunha nova orde económica e financeira logo que o país mergullase na crise cun crecemento negativo e a posta en marcha dunha nova salvataxe á banca co fin de recompoñer a economía do reino.
A lista medra día en día, disque minuto a minuto, arestora enchen a ringleira das empresas que refugaran postos de traballo; FORD, NINTENDO, SHELL, VOLKSWAGEN, KODAK e TOSHIBA.