Actualización Decembro 2010 (un ano máis tarde):
Total Presentados CELGA 4 = 731
Non Aptos = 517 (71 %)
Aptos = 214 (29 %)
=================================
O 72% dos adultos presentandos ás probas Celga 4 suspenderon o exame.
De 1090 aspirantes ó título só 309 acadaron resultados positivos.
ULTIMA HORA RESULTADOS DEFINITIVOS CELGA 4
Aptos 321 (31%) Non Aptos 726 (69%) Agora parece que o total de presentados é 1047 os outros 43 deberon de morrer de aburrimento mentres facían as reclamacións... Misterios.
-------------------------------------------------------------------------------
No Celga 3 os resultados son semellantes: 68% suspenderon o exame.
De 423 matriculados só 136 acadaron o Certificado de Competencia Lingüística.
-------------------------------------------------------------------------------
No Celga 2 só suspende o 40% dos aspirantes. De 266 matriculados, 159 acadaron o Certificado Celga2.
Por fin 60% aproban. ¿Para qué serve un Celga2? ¿Aínda non o sei?
-------------------------------------------------------------------------------
Resultado Celga 1 só suspende o 39% dos aspirantes. De 166 matriculados, 101 teñen o Certificado Celga1.
O nivel 1 seica é para estranxeiros recén chegados (en pateira) e aproban o 61%. Todo un récord...!
-------------------------------------------------------------------------------
¿ OS FILÓLOGOS SEICA TOLEARON...?
¿ É así como pensan recuperar a lingua galega ?
As cousas que suceden nesta terra nos últimos tempos non son normais. Podo ofrecervos datos reais das últimas probas realizadas o día 15 de Novembro de 2008 certificados pola propia Directora Xeral de Política Lingüística, Marisol López.
Para acadar o nivel de competencia en lingua galega compre demostralo dun xeito obxectivo a traveso dun exame e do correspondente Certificado (CELGA) que acreditará os coñecemento de galego a efectos de requisitos ou méritos laborais e académicos.
É imprescindible presentarse ao exame e superalo para obter un certificado Celga. A asistencia a un curso preparatorio é unha medida de axuda no proceso de aprendizaxe do idioma, pero non certifica a superación dun nivel. Os exames realízaos e avalíaos unha comisión central avaliadora, non o profesor do curso preparatorio.
Non existe correpondencia entre os antigos certificados de iniciación e perfeccionamento en lingua galega e os actuais Celga. Máis a efectos da Función Pública Galega (convocatorias de probas de acceso, contratacións laborais e concursos de traslado) os vellos certificados de iniciación e perfeccionamento van manter a súa validez administrativa, ao pé dos novos Celga. Así pois a totalidade dos profesores de ensino secundario en Galicia están exentos de presentarse ó Celga 4 (nivel que se considera axeitado para ter as competencias educativas en lingua galega).
Menos mal que os profesionais do ensino non teñen a obriga de demostrar a súa competencia lingüística homologada en base ás esixencias europeas en cuestión de linguas (oral e escrita) pois nestes exames para persoas adultas do CELGA 4 veñen de suspender o 72 % dos presentados á proba.
Seica a pénas un 28 % dos galegos e galegas que se teñen presentado a esta proba parecen acadar as competencias comunicativas que requiren o novos tempos…
Imnos ter que matricular á tódolos galegos e galegas nas probas do Celga 4 para ver se así aprendemos dunha vez a nosa propia lingua, a colocar os pronomes ou a empregar as retrincadas formas lingüísticas que converten a solapa na lapela e que sen dúbida terán boa parte da culpa deste recoñecido fracaso lingüístico en Galicia.
Son máis de 25 anos ensinando Lingua e Literatura Galega nas aulas de Primaria e Secundaria así pois gostaríame saber cantos dos 1090 matriculados nestas probas de competencia lingüística cursaron a materia ó longo de 10 anos de Primaria e Secundaria (ou 12 anos se supoñemos ca maioría dos presentados terán cursado o Bacharelato)?
Resulta sorprendente o fracaso lingüístico galego cando unha poboación de feito bilingüe -na súa inmensa maioría- non acada as competencias suficientes á xuízo dos novos CENSORES da política lingüística do país… ¿Imaxinan o que sucedería se os resultados do ‘fracaso escolar’ fora un 72%?
Pois considerando ca inmensa maioría dos galegos e galegas maiores de 50 anos xa teñen no seu haber os Cursos de Iniciación e Perfeccionamento de Lingua Galega realizados polas distintas Consellerías na época do ‘bilingüísmo harmónico’, é perfectamente lícito supoñer que estes 1090 aspirantes ó Celga 4 serán cidadáns que na súa inmensa maioría levan toda a súa vida cursando a materia de Lingua e Literatura Galega e, aínda así, fracasa o 72%.
¿Alguén podería explicar estes resultados… e alguén podería con estes resultados na man seguir a insistir en que as políticas de Imposición Lingüística son o camiño para recuperar a lingua galega no noso país…?
Cando só un 28% dos aspirantes á competencia lingüística poderían impartir aulas en galego con certa garantía de calidade… ¿seguiremos afirmando que o profesorado galego ten sobrada competencia para acatar o Decreto de Normalización que tan alegremente algúns reclaman impoñer?
Unha lingua non se fala por Decreto!
E senon que llo pregunten ós que levan anos vivindo da lingua galega ou que llo pregunten ós membros da Comisión Avaliadora dos Celga 4 que veñen de confirmalo coa súa sentenza de morte para o futuro do galego, coma sempre fixeron.
Erasmo.
Amante da Lingua Galega, e da Liberdade...!