Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Rifan Kirchner máis Tabaré e mancase o UNASUR

  O ex presidente da Arxentina Nestor Kirchner tentou impoñerse na presidencia do UNASUR, o presidente Uruguaio Tabaré Vázquez deu pulo xunto a outros xefes de estado da rexión ao rexeitamento á candidatura do arxentino. Os presidentes de Venezuela Hugo Chávez Frías e do Brasil Luiz Inacio Lula da Silva salientan coma lideres da América do Sur no cumio do MERCOSUR.
As xefas e xefes de estado e goberno presentes na Costa do Sauipe conviñeron coa República de Cuba a súa anexión ao Grupo de Río, na busca dunha presenza global na rexión e a unidade da América Latina e o Caribe, coa súa unión oficial ao grupo, un dos máis salientables organismos de acordo e pensamento político de América Latina.

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 06/01/2009 22:30

  No mes de decembro os presidentes dos países sudamericanos que compoñen a unión dos países sudamericanos UNASUR, xuntáronse en San Salvador de Bahía e na Costa do Sauipe, na República Federativa do Brasil, co fin entre outros da escolla do presidente secretario xeral polo espazo de dous anos. O UNASUR naceu o oito de decembro do ano 2004, na cidade do Cuzco no Perú, na busca de dar pulo á economía, o comercio rexional, a diplomacia e o sistema financeiro máis o crecemento na América do Sur. Mesmo a forza e a vontade do presidente do Brasil Inacio Lula da Silva, fixo coincidir noutras tres xuntanzas ao MERCOSUR, o GRUPO de RÍO, e o CALC (cumio da américa latina e o caribe), a preto de vintenove xefes e xefas de estado das Américas sen a presenza dos EUA nin a UE.

Arestora ao sombrizo do fracaso, o UNASUR tentou sen éxito o establecemento dunha moeda única, súmanse as disputas polo liderado, as faltas de acordo nas posicións ante os organismos de crédito internacionais máis a incapacidade de unificar cadansúa posición os países membros. A presidenta da Arxentina Cristina Fernández, xunto ao presidente do Ecuador Rafael Correa botaron a candidatura do ex presidente de Arxentina Nestor Kirchner á secretaria xeral da UNASUR, o Uruguai máis outros países da rexión aos que deu pulo o presidente Tabaré Vázquez fechan o paso ao devandito nomeamento e salientan a figura dun estadista prudente e dialoguista coma é o ex presidente de Chile Ricardo Lagos.

  O presidente uruguaio deu a nova que vetara a candidatura se a mesma caera no arxentino e ameaza ca deixara o UNASUR si o nomeamento medrase, atufado pola actitude de apoio do goberno arxentino, na presidencia de Kirchner, aos cortes das estradas e as pontes que vinculan ámbolos dous países na liorta que a Arxentina mantén co Uruguai dende a instalación das factorías ENCE e BOTNIA, o rexeitamento estendese os gobernos de Perú e Colombia, mailo Brasil ca non a considera sobresaínte nesta xuntanza, outros países integrantes do UNASUR sostén co presidente non ten que ser elixido pola maioría dos integrantes. O cargo exercese por dous anos máis ten a posibilidade de ser repetido unha soa vez. Na actualidade exerce a presidencia a xefa do estado Chileno Michele Bachelet, ca o fará ata o mes de abril do ano 2009, no entanto salienta a forza do Brasil coma líder de rexión que avogara na loita entre a Arxentina e o Uruguai polo nomeamento.

  A crise da UNASUR sumase ás ca noutras datas ocorreron coa alianza do MERCOSUR, levada adiante no ano 1991 ao impulso dos presidentes da Arxentina, Brasil, Uruguai e Paraguai, que arestora fica na parálise coma un fallo da unidade na creación dunha economía común para os países co compoñen, amosar posicións colectivas fronte aos organismos de crédito e comercio mundial, e a falta da sinatura dos convenios aduaneiros, mostra dos atrancos na unidade da rexión.

Nesta xuntanza do MERCOSUR asumiu a presidencia temporal o xefe de estado do Paraguai o ex bispo Fernando Lugo que pediu a creación dunha nova icona que semelle a integración dun mercado máis xusto, abranguer a protección ao emprego máis aos ingresos dos traballadores coma xeito do impulso á igualdade social e profundar os acordos cos países ca non fican no MERCOSUR. Polo miúdo cos contratempos, as idas e voltas destaca a figura do Brasil, ca fará de xuíz no conflito da Arxentina e Uruguai, aínda disputara coa República Bolivariana de Venezuela e o presidente Chávez o liderado no sur da América, ao tempo que impulsa a creación do consello sudamericano de defensa. Destaca o presidente do Brasil que as democracias dos países de sudamericanos son fortes para enfrontar os atrancos que a crise económica e financeira mundial produza na rexión salientando que é bo que a forza non estea no poder económico deles se non no vigor da cadansúa democracia. Pediu pola súa banda que o MERCOSUR non sexa só un observador e teña unha meirande parte na creación dunha nova economía mundial co gallo da crise financeira global.

Do UNASUR ao MERCOSUR

A viaxe dende San Salvador de Bahía á Costa do Sauipe onde a abafante paisaxe tropical á beira do atlántico, nun areal cheo de palmeiras recortadas contra o fondo do mar azul recibe aos preto de trinta xefes e xefas de estado das américas dende México á Arxentina, co fin da dar pulo a un feixe de estratexias comúns para facer fronte á crise económica e financeira mundial e conciliar algúns intereses individuais. A presidenta Arxentina Cristina Fernández manterá unha conversa co presidente Cubano Raúl Castro co xeito de preparar a súa visita á illa no mes de xaneiro e puír as asperezas ao respecto da viaxe á arxentina dunha disidente, a medica e neurocirurxián Hilda Molina onde xa fican os seus fillos e a súa nai.
A presidenta de Chile Michele Bachelet, acadara cos membros do UNASUR o nomeamento do próximo presidente, o presidente Uruguaio Tabaré Vázquez, xustificara o seu rexeitamento á figura do ex presidente Kirchner no UNASUR, disque impulso os cortes das estradas e as pontes nas fronteiras do Uruguai e Arxentina levados adiantes polos nomeados movementos ecoloxistas ca amosan o rexeitamento á instalación ás beiras do río Uruguai das factorías pasteras. 

O GRUPO de RÍO e CUBA

As xefas e xefes de estado e goberno presentes na Costa do Sauipe conviñeron coa República de Cuba a súa anexión ao Grupo de Río, na busca dunha presenza global na rexión e a unidade da América Latina e o Caribe, coa súa unión oficial ao grupo, un dos máis salientables organismos de acordo e pensamento político de América Latina. O goberno Cubano representa unha aliaxe prezado para a construción dun destino común e compartir os seus propios valores. Cuba retorna ao grupo logo dunha ausencia de oito anos, nos que a illa fico ao lonxe das xuntanzas da rexión. Nese tempo o goberno cubano mudou a actitude fronte ao resto dos países e acadou a necesidade dunha maior presenza nunha nova realidade política interna, o ingreso a un medio axeitado para a conversa dos estados, máis a solución dos conflitos e así mesmo dar pulo á democracia.

A CUMBRE DA AMÉRICA LATINA e o CARIBE (CALC)
Venezuela, Ecuador, entre outros países decidiron impulsar un sistema financeiro rexional, para o desenvolvemento económico dos países latinoamericanos e dar pulo aos feitos sociais, os avances na medra do emprego, a loita contra a pobreza e reflectir no aparello financeiro do mundo coa forza de novos mecanismos de regulamento. O presidente venezuelano Hugo Chávez salientou a urxencia de acadar unha decisión e revisar a débeda dos países de Latinoamérica e o Caribe, a súa legalidade, pediu a declaración dunha moratoria e adiar o pagamento da débeda externa dos países, no intre da longa crise global. Agoiro a posibilidade da entrada da República Bolivariana de Venezuela no MERCOSUR e deu un forte apoio á creación dun banco rexional, o nomeado Banco do Sur, salientando que os países da América Latina ten reservas monetarias dabondo, uns cincocentos mil millóns de dólares, e lembrou a frase do político, militar e presidente da Arxentina no século dezanove, Domingo Faustino Sarmiento, "américa latina non debera agardar nada, ca non sexa de seu"


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: