O Hartismo, chamado polos tres tenores a anti-anti-arte. Pero logo din que a arte é de todos. Como din os máis vellos, "a ver, en que quedamos", pois quedamos da seguinte maneira. Un antigo amigo da arte un día chegou a un museo e deixou plasmados a tódolos aqueles que pasaron pola sala ao ver aquel esperpento un urinario no medio dunha sala; algúns deles pregunáronse: "¿a quen se lle ocorrería?", outros "¿os baños do museo son estes?" e outros questionábanse "pero, ¿isto é arte?".
Este home chamábase Marcel Duchamp creador da obra "A Fonte" que firmou baixo o nome de R.Mutt. 50 anos máis tarde moita xente aínda non entende a súa obra. Algúns deles son chamados hartistas, un grupo de tres guerreiros do anti-anti-arte, seguidores do stuckism, radical e controvertido grupo artístico creado en 1999 por Charles Thomson e Billy Childish. Agora a xente de a pé mira cara o arte contemporáneo e segue a preguntarse: "pero, ¿iso é arte?"
Máis en http://galizarte.blogspot.com