José Manuel Cereijo, presidente da Asociación de Veciñas/os de Covas, contaranos a súa exitosa experiencia na dinamización social e cultural da parroquia de Covas, desde a participación cidadá.
Mañá martes 14 de outubro ás 20.30 horas no Pub Borsalino a Asociación Cultural Lefre de Caldereta contará con José Manuel Cereijo, Presidente da Asociación de Veciñas e Veciños de Covas para a actividade do 2º martes de cada mes Que tes na Caldereta?. José Manuel Cereijo López leva ao fronte da AVV Santa Comba de Covas dende setembro do 2007. Os obxectivos que perseguen son moi diversos entre os que destacaríamos fomentar a participación veciñal, dinamizar a vida social e cultural, dotar a Covas das infraestruturas e servizos necesarios, facilitar ás veciñas e veciños todo tipo de trámites coas distintas administracións, achegar as demandas veciñais aos distintos organismos, potenciar o turismo...etc. Todo esto e moitísimas cousas máis que se están a facer na Parroquia de Covas este martes 14 ás 20.30 horas no Pub Borsalino. Xuntamos cartel. Non podedes faltar!! A.C. Lefre de Caldereta