Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Polemica na Arxentina polo nomeamento das catro iconas oficiais á mostra da feira do libro en Francfur no ano 2010.

  Carlos Gardel, Eva Perón, O Che, Diego Maradona están á ser as figuras elexidas.

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 28/09/2008 02:08

  O goberno da presidenta Cristina Fernandez de Kirchner designou ás catro figuras da historia e o deporte para se conformar as chamadas catro iconas da historia que representasen ao país na feira do libro francfur no 2010. Existe unha salientable diferenza, entre as súas vidas reais e a crenza popular do que foron o están a ser, Carlos Gardel, Eva Perón, Ernesto "Che" Guevara, Diego Maradona.

Gardel convertese nun mito nos derradeiros anos da súa vida e pola forma na que morre, nun contratempo de aviación. Evita pasa de ídolo popular das mulleres e clases modestas, ao mito da "Evita guerrillera" inxenio da nova ezqerda peronista dos anos sesenta. O "Che" soamente vencellado a arxentina por ser o país onde nace, pasa a súa xuventude estuda, heroe da revolución cubana, romantico e idealista, mitificado pola cultura da violencia e a súa morte en loita. Diego Maradona é un ídolo contraditor,  admirado do deporte na arxentina e o mundo, o mellor xogador de todolos tempos, ainda exemplo oposto á esencia do deporte, hoxe convertido en home mediatico.

Outras enquisas impulsan ós escritores Jorge Luis Borges e Julio Cortázar, engadidos posterirormente á lista oficial, o propio Borges ten rexeitado en vida a súa condición de ídolo, ambalas dous figuras non fomentan a veneración senón a emoción do pensamento. A idea da ampliación do listado á outros escritores vivos e mortos, cultores da música popular, o tango, políticos, premios novel, científicos, artistas, a vitela criolla, non fai mais que embarrullar o problema nunha mestura "discepoleana" que lembra á biblia mais o calefón.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: