Vieiros

Vieiros de meu Perfil


En Galicia sempre nos salva a Emigración

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de En Galicia sempre nos salva a Emigración

En Galicia sempre nos salva a Emigración

O Galego non vota queixas, emigra. A. D. R. Castelao

Enviada por osimon osimon o 13/09/2008 01:40

  España país histórico da emigración entre outros, mercé ás condicións da economía hoxe pola freada e o parón da construción moitos galegos volven a emigrar como fixérono fai anos en busca dun traballo e mellores soldos.
Dous millóns e medio de persoas no paro en España e un sistema de seguro de desemprego con problemas de financiamiento están impulsando a moitas persoas a buscar no estranxeiro a solución.
Para os galegos as migracións non son algo novo, tanto ao estranxeiro como dentro do estado, Catalunya, Valencia, Canarias foron por anos o destino da migración interna da comunidade Galega, lembrar o tren da Coruña a Barcelona, interminable viaxe, mais de 24 hs. no coñecido como "o tren dos galegos".
Hoxe touca ir a Francia, á colleita da vide, novidade para algúns dos afectados pola crise, que provocou un aumento do 15 ao 20 por cen nos que buscasen afora das nosas fronteiras a solución, non así para Paco e Rosario, os meus amigos, que a pesar de non ter agobios económicos seguen cada ano facendo "a colleita" en Montpellier, e a da viña familiar en Padornelo ao regreso, para conservar a praza e uns cartiños que nunca veñen mal.
Esta vez serán moitos maila maiores dos meus amigos betanceiro os que emprenderán o camiño da emigración, aínda que temporal, Paco que non leu a Castelao teno moi claro, queixarse para que?


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: