O monte de A Fracha acolle esta fin de semá a penúltima carreira puntuable para o ranking Galego de descenso en bicicleta de montaña.
O xa mítico monte de A Fracha, nas inmediacións de Pontevedra, acode a súa cita anual co ciclismo máis extremo, o descenso en bicicleta de montaña.
Nesta ocasión é o clube vigués Bici Verde, quen toma o relevo da xente do Moto Bike pontevedrés e se encarga da organización da proba.
Circuito renovado:
Os lumes forestais, que afectaron a gran parte da serra de A Fracha e os posteriores traballos de tala, fixeron desaparecer os dous últimos trazados empregados. Logo dun traballo de meses, o novo circuito, que só conserva a parte intermedia dun dos trazados existentes, está listo para acoller os descendedores máis arroutados.
Afastado da corrente actual, na que imperan os trazados infestados de saltos artificiais e dimensións “copa do mundo”; a Fracha aposta por propostas medioambientalmente menos impactantes e percorridos máis asequibles para tódolos públicos, polo que se prevé unha afluencia masiva de corredores.