Réplica ó artigo de Xosé Luís Méndez Ferrín 'Multilingüísmo e Biodiversidade'
Certo co multilingüísmo tivo sempre boa prensa (antes chamábanse políglotas ás persoas cultas e moi escasas que dominaban varias linguas, algunha delas xeralmente eran linguas mortas provintes da súa relación cos Seminarios Católicos coma o Latín, Arameo, Grego, etc...), máis hoxendía resultaría ridículo IMPOÑER tales destrezas á maioría das poboacións que a pénas sí dominan a súa propia lingua e balbucean catro verbas en inglés macarrónico para solicitar unha habitación nun hostal ou facturar a súas màlas nun aeroporto calqueira deste mundo cheo de turistas que non van a ningures...
Aqueles que por motivos profesionais teñen a obriga de falar varios idiomas xa é outra cousa ben distinta, pois os seus esforzos vense RECOMPENSADOS da única maneira que se recompensa hoxe o coñecemento ou a destreza: con retribucións salariais dignas da súas habelencias comunicativas.
Claro que a todo hai quen gaña: porque se comparamos o nivel económico dos que se serven a diario de traductores e intérpretes seguramente o multilingüísmo non sae a conta, xa que son os altísimos cargos (especialmente os políticos que ó final asinan convenios e contratos públicos) os que gozan dunha auténtica barbarie cultural e conmunicativa na que a pénas sí falan a súa lingua e tódolos demáis vémonos na obriga de costearlles o servizo de tradución simultánea... ¿Serán estes os políglotas da nosa época?
Se ben concordo con Mendez Ferrín en que ningunha comunidade lingüística debera verse marxinada nin excluída pola globalización anglófona... non podo entender cómo a estas alturas co desenvolvemento tecnolóxico e os avanzos da nanotecnoloxía non se implementan xa sistemas de traducción automática individual para tódalas linguas do planeta... de xeito que non teñan que ser os demáis os que fagan o traballo dos própios...!
Babel está superada se abrimos as portas á intelixencia humana e aplicamos as novas tecnoloxías para favorecer a comunicación entre os homes e mulleres do planeta en troques de refuxiarnos en conceptos decimonónicos da identidade lingÜística dos pobos... Hoxe todos poderíamos atoparnos en centos de circunstancias nas que se nos reclamaría un coñecemento lingüístico case imposible de acadar no tempo das nosas vidas... polo tanto compre resolver xa o conflicto e non seguir mareando a perdiz do idioma coma se nel se atoparan tódalas quintaesenciais solucións ós problemas materiais dos homes e mulleres.
Levemos cada quen o noso sistema de traducción automática en tempo real (igual que hoxe todos levan o seu telefono colgado da orella) e adiquemos o tempo a resolver os asuntos deste mundo que son bastante máis urxentes e graves e non admiten máis demora se queremos sobrevivir neste Planeta.
E deixemos para o lecer o desfrute de cantos multilingüísmos se queiran cultivar, pois hoxe os políglotas chámanse traductores e intérpretes e cobran salarios polo seu traballo. Non é ninguna cuestión romática, senon algo ben pragmático resolver a comunicación humana e evitar os conflictos lingüísticos interesados.
Dito isto, para rematar, non fagamos maniqueos do uso dunha ou doutra lingua no noso país, pois se o bilingüísmo favorece a amplitude de criterios e a habelencia intelectual defendámolo sen reservas coma seña de identidade deste pobo que soubo bandear calquera imposición (lingüística ou non) no tempo da súa Historia.
Non vaia a ser que tendo un pobo bilingüe de seu, convirtámolo en monolingüe á forza para ver se é quen de aprender idiomas...?