Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galiza e os galegos insultada en youtube

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Galiza e os galegos insultada en youtube

Galiza e os galegos insultada en youtube

O usuario de youtube cabezadeturco88 arremete contra todo o que se lle pon por diante nuns vídeos nos que fala de Galiza. A simple ironía acaba por converterse en insulto, chegando a dicir que os galegos son todos ou "putas ou maricóns".

Enviada por Silvinho Silvinho o 02/08/2008 23:03

O usuario cabezadeturco88, rexistrado vai seis meses no youtube, colgou vídeos nos que manifesta claramente o seu odio por Galiza. Non só insulta ideoloxías políticas como é o nacionalismo galego, senón que non deixa títere con cabeza; criticando a todo o mundo ata o punto de dicir que los "gallegos son o putas o maricones".

Nun primeiro vídeo fala de A Coruña. Diríxese aos coruñeses nos seguintes termos "los coruñeses son unos prepotentes y unos amanerados señoritos feudales que piensan que son el punto álgido de la evolución gallega" entre outros insultos.

No segundo e o terceiro vídeo falan dos galegos en xeral, onde podemos atopar perlas como "de Ourense no voy a hablar porque no llega internet porque bastantes problemas tienen con proteger su fuego del de las otras tribus". Estas acusacións e insultos, por moito que feren as nosas sensibilidades, non son nada comparada co último vídeo engadido hai tan só dúas semanas, onde chega á dicir que os galegos "son todos ou putas ou maricóns", da boca dun hipotético arxentino que ven a Galiza de turismo sexual. Este último vídeo é tan insultante que os xestores de youtube calificarono como non recomendado pra menores de 18 anos, polo que solo os que teñades conta do youtube poderedes velo.

Todos estos vídeos están acompañados de imaxes insultantes e caricariturizantes, debuxando co paint a toda aquela xente á que, a este usuario do youtube, lle apetece insultar. A voz dos vídeos é a voz sintética de Loquendo, polo que cabezadeturco88 evita calquera identificación persoal.

Dende OpenVieiros e dende Vieiros.com condenar a actitude deste usuario e animar a que todos nós consigamos retirar eses insultantes vídeos do youtube, xa que non atentan contra un partido, contra algún interés; atentan contra o honor de todos e cada un dos galegos.


4,69/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Galiza e os galegos insultada en youtube