O Concello de Sada celebra este sábado a segunda edición do Sadautor cun concerto de 8 cantautores galegos.
O próximo 2 de Agosto, ás 8 da tarde celebrarase na Praia de Sada a segunda edición do Sadautor, unha mostra de cantautores a nivel Galego que este ano conta co patrocinio do Concello de Sada.
Nesta segunda edición ademais de todos os cantautores que fundaron o evento o ano pasado cóntase coa participación do cantautor local Pedro Alisedo e coa novidade de cambio de escenario que nesta ocasión será na zona arboredo do 'Curruncho' onde tradicionalmente se fai a famosa sardiñada de Sada.
O cartel deste ano fórmano Carlos Bau, David Taboada, César de Centi, Pablo Rubén Fernández, José Luís Paz, Paris Joel e Lovexo(Jeannie Belgrave).
O Sadautor partiu da idea de Paris Joel de crear un espazo de encontro entre todos os cantautores que se moven na escena local coruñesa coa finalidade de mostrar ao público os seus avances e progresos. A idea comezou na Terraza do Oasis nun ambiente festivo que tivo gran repercusión mediática e gran afluencia de público.
Este ano o evento institucionalízase co obxectivo de perdurar no tempo e de ser un referente nacional dentro do xénero da música de autor.