Vieiros

Vieiros de meu Perfil


I Festa do Viño da Casa (Saxamonde-Redondela)

O 9 e 10 de agosto celébrase na parroquia de Saxamonde, Redondela, a I Festa do Viño da Casa. Unha celebración que, xunto á exaltación dos caldos caseiros, ofrece ao público unha xornada de xogos populares e tradicionais, un concerto de música folc e tradicional e unha exposición de fotografía histórica da parroquia.

Enviada por chandaspipas chandaspipas o 30/07/2008 10:47

          A Asociación Centro Social Deportivo Cultural “Chan das Pipas” de Saxamonde (Redondela) ten como un dos seus principais obxectivos inamizar a vida social e cultural da parroquia. É así que o colectivo desenvolve diversas e variadas actividades ao longo do ano que procuran dar conta dunha maioría de vontades na parroquia. Os cursos organizados e impartidos, as festividades anuais celebradas ou as xornadas de convivencia propostas obteñen unha crecente participación por parte da veciñanza da parroquia así como por persoas de toda a bisbarra.   
       Coa vontade de seguir contribuíndo á dinamización de Saxamonde integrando ao maior número posíbel de persoas, a Asociación “Chan das Pipas” organizará os días 9 e 10 de agosto a I Festa do Viño da Casa. Esta iniciativa pretende reunir nunha fin de semana a varios produtores domésticos de viño da parroquia de Saxamonde e arredores para que oferten os seus caldos aos visitantes. Xunto ao viño, os visitantes poderán comer polbo,  churrasco e empanada e gozar dunha programación que inclúe unha exposición de fotografía histórica da parroquia, un concerto de música folc e unha xornada de xogos populares e tradicionais.      
    A festa terá lugar na área recreativa de Chan das Pipas na parroquia de Saxamonde (Redondela). No Alto de Os Valos, a 5 km. de Redondela na N-550 para chegar a área recreativa uns 150 m. despois. Haberá indicadores dende o desvío da N- 550.   
       A continuación detallamos o programa da festa     

 Sábado 9 de agosto:

18:00 Apertura de casetas de viño e petiscos     
     Inauguración da exposición fotográfica:           "Saxamonde, un século de casamentos"

20:30 Pasarrúas do Grupo de Gaitas de Vilar “Aluarado”

22:30  Concerto de Música          

  Pandereteiras de Saxamonde “Arela”    
  Humorista Somoza                
  Tanto Nos Ten  

Domingo 10 de agosto:

17:30 Xornada de Xogos Tradicionais e Populares (para cativos e maiores)


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: