Comprobar os resultados da Xestión Medioambiental da Xunta (PSOE-BNG)
ANTES E DESPOIS DA CHEGADA DOS BÁRBAROS
O Conselleiro de Medio Ambiente quería colgado dun piñeiro...
xa que tanto lle gustan!
Desobedecendo de xeito temerario a lexislación europea e utilizando fondos comunitarios, a Xunta de Galicia está arrasando o Courel con plantacións de piñeiros para destruír a Rede Natura 2000 e aumentar o risco de incendios.
Nos montes da Escrita, no Taro Branco, en Froxán, entre as Devesas... por toda a Serra.
Utilizan maquinaria pesada para destruír os hábitats propios do Courel, destrúen a cuberta vexetal e expoñen o chan á erosión, coa conseguinte acidificación e morte das augas dos ríos.
Coa ocupación do monte por plantacións masivas de piñeiros, estase descartando definitivamente calquera oportunidade para as explotacións ganadeiras, apícolas, frutais...
Achegan as plantacións de piñeiros a soutos, devesas, prados, cultivos... co que aumenta o risco de incendiar este espazo protexido.
Non se respectan e destrúense os elementos arqueolóxicos e históricos: mámoas, castros, covas, a paisaxe e camiños tradicionais do Courel...
Enganan aos veciños: cando pedimos castaños, fallas, teixos, carballos, cerdeiras, fresnos, arces... dinlles que só están permitidos os piñeiros.
Lonxe de habilitar devasas con franxas de frondosas e prados de regadío, insísten en abrir 'autovías' de terra morta que parcelan toda a serra, nunha orxía de esnaquizamento paisaxístico sen precedentes no Courel.
Mirando o rumbo do Courel, calquera se pode preguntar para que serve toda a literatura ambiental, de sostenibilidade e paisaxística con que se adorna a Propaganda Institucional que nos recorda cada día o ben que vai este País.
Visto o trato que nos está dando a Xunta, e logo de avisalos reiteradamente, varías asociacións do Courel, estamos preparando unha nova queixa ante a Comisión Europea por incumprimento da normativa comunitaria e por posible fraude aos Fondos da UE.
Así viaxa o Courel cara ó Parque Natural...?
Comunicado:
SOS Courel, xullo de 2008.
607 22 58 87
soscourel@mundo-r.com
DIFUNDE ESTA NOVA. NON DEIXEMOS MORRER O COUREL...!
Na fotografía a confluenza dos ríos Lor e Louzara.