Alfredo Barreiro, de Noia, seguidor de Bob Dylan, achéganos a súa crónica sobre o concerto do artista en Vigo, que tenta estar dirixida a un público amplo e ser informativa ao mesmo tempo.
Bob Dylan iniciou o seu concerto sobre ás 21:40 no Ifevi en Vigo o 27 de xuño do 2008. Esta xira que se iniciou en Nova Escocia e leva percorrida toda Europa dende Islandia a Rusia ou Francia deixa patente o desgaste da súa voz, e dos anos, como é natural. A banda é moi profesional, así como o sonido impecável dende fai moitos anos: a destacar Denny Freeman un maduro e elegante guitarrista, sin pedaleira e ao vello estilo, e o baixista Tony Garnier, 19 anos cumpridos con Dylan, e aqueixado dunha enfermidade que o mantivo sentado ao borde da batería todo o concerto.
Nestes días Dylan está mais interesado nas variacións rítmicas e de arranxo dos temas, maioritariamente convertidos en blues, que en veleidades melódicas. Apenas canta, recita ainda que Vigo estivo uns cantos pontos por encima do resto en actitude nesta xira.
A meirande parte dos seus fans evitaron vir a Vigo, por simples razóns de calendario: o concerto anterior foi en Iruña/Pamplona e logo terían dous días libres, sen facer nada, e 1500 km. por diante para volver ao día seguinte a Ávila.
Dylan que ten fama de perverso lles tiña preparada unha mala xogada: no ano 1990 sacou un disco de cancións infantiloides, denostado nun principio e recoñecido mais tarde cando se soubo que ía dirixido á nena que tivo coa súa muller Carolyn Dennis. Pois ben, por primeira vez na súa vida tocou a canción dese disco que nunca vira a lus en concerto: Handy Dandy. Por esta razón o concerto e o nome Vigo quedarán para sempre marcados na historia Dylaniana. El é os membros da súa banda ríanse a gargalladas ao final do número como nenos despóis dunha trastada.
Non faltaron clásicos como Lay Lady Lay, Girl From The North Country, Highway 61 e a signatura de Like A Rolling Stone, así como un bo puñado de temas do novo milenio.
Un concerto profesional, de blues, entretido e entregado. Se alguén quere ver a un Dylan con guitarra, pletórico, debe recorrer ás gravacións de anos como 1994, 1995, 1999 ou 2000. E por suposto toca un teclado; e non ten condescendencias cos profesionáis da fotografía e da prensa. E os que estamos cada noite currándonos a primeira fila, agradecémosllo.