Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Obxetivo CiberIrmandade: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión

Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza.

Enviada por ciberirmandade ciberirmandade o 25/06/2008 10:55

A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da "sección Española" de A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado.

Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión

GRAZAS POR COLABORAR

CiberIrmandade da Fala
Un povo, unha rede, unha fala.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: