A Asociación Cultural “Lefre de Caldereta” comprácese en presentarvos unha nova actividade que demos en chamar Caldereta Solidaria. Trátase de establecer lazos para difundir iniciativas de carácter solidario que se estean a facer desde a nosa terra e que, ao noso entender, pague a pena promover e apoiar.
A Asociación Cultural “Lefre de Caldereta” comprácese en presentarvos unha nova actividade que demos en chamar Caldereta Solidaria. Trátase de establecer lazos para difundir iniciativas de carácter solidario que se estean a facer desde a nosa terra e que, ao noso entender, pague a pena promover e apoiar. Comezamos, pois, esta nova actividade cunha charla-coloquio (achegamos cartel) con Francisco Pombo Ferreiro (Paco de Corme), presidente da Brigada Norte-Sur Solidaria (www.nortesursolidario.org), que traballa nun barrio creado cos desprazados do furacán Mitch na cidade de Ocotal en Nicaragua. Este proxecto solidario é de acción directa, isto é, ninguén que non sexan os traballadores nicaraguanos do proxecto cobra diñeiro polo seu traballo e a asociación non recibe subvención ningunha.
Mantense exclusivamente co apoio dos seus socios (máis de cen) e coas actividades para recadar fondos que realizan. Con estes vimbios, a Brigada Norte-Sur foi quen de poñer a funcionar un comedor infantil que na actualidade dá de comer a case catrocentos nenos e a máis de corenta anciáns, ao tempo que dá traballo a cinco nicaraguanos. Neste momento, está a piques de inaugurar unha gardería infantil (dotada de tres aulas), ao lado do comedor, e xa ten en proxecto un fogar de anciáns.
Pregamos a máxima difusión desta actividade que imos realizar o día 25 de xuño ás 20:30 horas na Sala Run-Rum de Ferrol (que doará o 15% da recadación dese día á Brigada), e na que contaremos tamén coa colaboración solidaria do grupo de folk-fusión da nosa cidade “Alén de Ancos”. Por favor, acudide e difundide a iniciativa. Moitas grazas.Alberte González Montañés.Presidente da Asociación Cultural Lefre de Caldereta.(Móbil: 619 804 677)