Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Manuel Lôpez Rodrígues gaña o XIV Premio de poesía Suso Vaamonde

"Antítese Nativa" é o título do poemario firmado por Manuel Lôpez Rodrígues e que vén de ser galardoado co Premio de Poesía Suso Vaamonde 2008 convocado pola Fundación Amigos de Galicia en colaboración co Concello de Vilagarcía e co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Enviada por Sacou Sacou o 15/05/2008 12:40

O fallo do xurado deuse a coñecer hoxe na rolda de prensa que tivo lugar no Concello vilagarciá e na que participaron o presidente e o membro da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto e Luis Rial, respectivamente, así como o concelleiro de Cultura de Vilagarcía, Xosé Castro Ratón. Do poemario gañador da XIV edición do Premio de Poesía Suso Vaamonde o xurado salientou a variedade léxica e o importante traballo lingüístico que ten este compendio de poemas de amor á terra e á muller escrito por Manuel Lôpez Rodrígues usando como medio o verso libre.

O xurado estivo formado por Luís G. Tosar, Xosé Alonso e Antón Grande

O autor, natural do municipio coruñés de Noia (membro do recoñecido Colectivo Literario Sacou), recollerá o premio, dotado con 1.000 euros, no no acto público que terá lugar o sábado 17 de maio en Vilagarcía, no trasncurso da Festa das Letras Galegas. Ademais, a Fundación Amigos de Galicia publicará "Antítese Nativa" cunha tirada de 1.600 exemplares, dos que 100 serán entregados ao autor.

Mais información na web do Colectivo Literario Sacou (http://www.sacou.blogspot.com/)


4,18/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Manuel Lôpez Rodrígues gaña o XIV Premio de poesía Suso Vaamonde