Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tortícole lingüístico-electoral

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Tortícole lingüístico-electoral

Tortícole lingüístico-electoral

Máis de 2.630.000 cartóns censarios, máis de 54.000 certificados de empadronamento, follas de instrucións e sobres (para o elector e para o presidente da mesa, para o voto por correo... Todo iso multiplicado por cinco en papeletas e sobres de votación, documentación electoral das mesas, documentación enviada a presidentes e vogais de mesa, millóns e millóns de violacións documentadas!! dos dereitos lingüísticos na Galiza.... E os colectivos e individuos defensores do galego mirando para outra banda!! Ataque de tortícole que lles deu a todos!

Enviada por LOIS_DE_SILAN LOIS_DE_SILAN o 29/05/2007 21:31

En efecto, toda esa documentación está EN BILINGüE CASTELÁN VS. GALEGO, isto é, co texto en castelán en primeira posición de lectura.

O uso de castelán co electorado galego por parte da Administración electoral cando non lle consta o lexítimo descoñecemento da lingua propia por parte dos electores e demais intervintes no proceso electoral constitúe unha violación dos artigos 14 e 3.3 da Constitución Española de 1978.

O uso do castelán en primeira posición de lectura cos electores e demais intervintes que lexitimamente (por falta de arraigo na Galiza) descoñezan a lingua española oficial propia do territorio de empadroamento implica unha clara infracción dos artigos 9 CE e 5 EAG (deber de potenciar ou promover o uso do galego).

O ordenamento di que NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA (art.14 CE), sen prexuízo de usar outras linguas, nomeadamente o castelán, con quen lexitimamente descoñeza a lingua española oficial propia do territorio (para evitar a súa discriminación por mor de lingua).

Mais, fronte a esta situación de VIOLACIÓN HIPERMASIVA dos dereitos lingüísticos, como todos puidemos constatar, TODOS, empezando polos partidos políticos tan amantes eles da cultura e lingua galegas en datas electorais!, e seguindo por quen se autoproclama, colectiva ou individualmente, defensor da lingua galega, TODOS, digo, TIÑAN TORTÍCOLE e non podían ver tan colosal violación de dereitos lingüísticos nestas caras datas.

A TODOS ELES, desde aquí, como non podía ser doutra maneira!, O MEU MÁIS ELEVADO RECOÑECEMENTO!
SEGUIDE ASÍ QUE ISTO VAI PARA LONGO E LARGO!


3,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: