Co enderezo http://snlcerceda.wordpress.com, o espazo web pretende ser un punto de información sobre a normalización lingüística no concello cercedense
Co motivo do Día das Letras Galegas e o Día da Internet, o Concello de Cerceda acaba de presentar o blog de Normalización Lingüística que parte coa finalidade de ser o portal sobre a lingua do concello e o punto de encontro sobre as novidades que neste ámbito se leven a cabo desde a Administración local e no conxunto do país.
O obxectivo principal deste blog é dar a coñecer as actividades que o Concello de Cerceda programe no eido da normalización lingüística. Ademais, o blog tamén pretende ser un lugar onde achar recursos, materiais e ligazóns de interese relacionados coa lingua, a formación lingüística ou a dinamización.Para iso, o blog conta con diferentes páxinas en que se poderá achar e consultar, de xeito doado, algúns temas como as novidades que xurdiren en materia de lingua (na sección Novas), os cursos de formación lingüística abertos (na páxina Fórmate), diferentes recursos lingüísticos (Como é?) ou algunhas curiosidades (Sabías que?).
O seu enderezo é http://snlcerceda.wordpress.com
Normalización lingüística
Desde comezos de marzo de 2008, o Concello de Cerceda puxo en marcha un servizo de normalización lingüística coa contratación dun técnico encargado. Desde xeito, o concello pretende dar un impulso
necesario á normalización no seu ámbito de actuación.As funcións desta área de normalización inclúen o asesoramento técnico en todas as cuestións relacionadas coa política lingüística, facer un seguimento do cumprimento da lexislación lingüística e velar por que se garantan os dereitos lingüísticos da cidadanía.
Para alén destas funcións xerais, a área de Normalización Lingüística tamén ten entre as súas funcións o asesoramento lingüístico, a formación sociolingüística e a dinamización dentro do ámbito do concello de Cerceda