Os renombrados disidentes da teoría oficial do VIH/SIDA, a periodista Celia Farber e o Microbiólogo Dr. Peter Duesberg recibirán os galardóns en Washington D.C. o próximo día 13 de maio.
Sonlles concedidos POLO SEU TRABALLO NA DENUNCIA DO FRAUDE NA INVESTIGACIÓN DA SIDA.
Comunicado de Prensa de Rethinking Aids.
Traducido por Leovarela.
SAN FRANCISCO (Rethinking AIDS) 8 de maio de 2008.- Rethinking ADIS, un grupo internacional de máis de 2.500 científicos, doutores, xornalistas, avogados de saúde e outros, anunciaron hoxe que un destacado investigador científico e unha ben coñecida xornalista da SIDA, recibirán os premios "Mans Limpas" como parte dos actos que terán lugar os días 13 e 14 de maio en Wáshington D.C. Os premios, concedidos pola "Alliance for Patient Safety and Semmelweis Society Internacional", recoñecen o labor dos denunciantes (whistleblowers), de temas de saúde pública neste caso, polo seu traballo na exposición da fraude na investigación da SIDA.
O microbiólogo da Universidade de California en Berkley, Dr. Peter Duesberg (membro da xunta directiva de Rethinking AIDS) e a xornalista Celia Farber, serán dúas das dezanove persoas que recibirán o premio na cerimonia que terá lugar o martes, 13 de maio, na "Library of Congress" en Wáshington (ver detalles do acto máis abaixo). O mércores, 14 de maio, o Dr. Duesberg e a Sra. Farber testificarán ante un "Non FEAR Tribunal" para informar aos membros do Congreso e ao público, do perigo que supón para todos que os denunciantes sexan silenciados.
Os premios preséntanse como parte do segundo "Whistleblower Week in Washington", anual. A "Whistleblower Week" está patrocinada por unha coalición de organizacións lideradas polo "Non FEAR Institute", un grupo de apoio dos empregados gobernamentais que buscan tratamento xusto e protección do emprego para aqueles que denuncian a corrupción. Dende maio de 2002, cando a "Non FEAR Act (Notification and Federal Employee Antidiscrimination and Retaliation Act)" federal aprobouse, o Instituto está a buscar maiores garantías para os denunciantes.
Por favor, únete a nós nestes actos históricos en honra dos que adoptan unha postura de integridade e coraxe ante os asuntos públicos. Invitámosche a explorar máis aló nos abusos endémicos contra a confianza pública na investigación da SIDA.
A continuación, o programa de actos:
EVENT SCHEDULE:
(No reserved admission; arrive early)Presentation of "Clean Hands" Awards
Tuesday, May 13, 2008, 9 a.m. to 5 p.m.
Members' Room, Thomas Jefferson Building, The Library of Congress
First Street S.E., between Independence Avenue and East Capitol Street, WashingtonScreening of film "The Constant Gardener"
Introduction by Peter Duesberg and Celia Farber; discussion following
Tuesday, May 13, 2008, 6 p.m. to 9 p.m.
Location to be announced"No FEAR Tribunal"
Wednesday, May 14, 2008
9 a.m. to 12 p.m. - House of Representatives Testimony
Room 2200, Rayburn House Office Building
Independence Avenue, South Capitol Street, First Street, and C Street S.W., Washington
1:30 p.m. to 4 p.m. - Senate Testimony
Room 215, Dirksen Senate Office Building
Constitution Avenue, C Street, First Street, and Second Street N.E., Washington
MEDIA CONTACTS: David Crowe
President
Calgary , Alberta , Canada (Mountain time zone)
1-403-289-6609 (office)
1-403-861-2225 (mobile)
http://us.f841.mail.yahoo.com/ym/Compose?To=david.crowe@aras.ab.ca
Elizabeth Ely
Public Relations Chairperson
Brooklyn, N.Y., U.S. (Eastern time zone)
1-718-704-9672 (mobile)
http://us.f841.mail.yahoo.com/ym/Compose?To=publicrelations@rethinkingaids.com
Rethinking AIDS: O Grupo para o Reprantexamento Científico da Hipótese VIH/SIDA ("RA" ou "O Grupo") formouse en 1991 para expresar as preocupacións dun crecente número de destacados científicos e médicos, ao redor da investigación do VIH e os resultantes abusos contra os dereitos humanos. En 1995, por medio dunha carta publicada en Science, O Grupo pediu un minucioso reprantexamento das probas existentes a favor e en contra da hipótese VIH/SIDA e recomendou que se emprendesen estudos epidemiolóxicos críticos.
Entre os fundadores de RA e membros crave están: o Dr. Etienne de Harven profesor emérito da Universidade de Toronto e antigo investigador do cancro; o microbiólogo de Harvard Dr. Charles Thomas; o premio Nobel de química en 1993, Dr. Kary Mullis; O Dr. Harvey Bialy, co-fundador de Nature/Biotechnology; O Dr. Peter Duesberg, biólogo molecular da Universidade de California en Berkley e o defunto matemático de Yale Dr. Serge Lang, ambos os membros da Academia Nacional de Ciencias; a profesora de física médica do Royal Perth Hospital en Australia Occidental, Dra. Eleni Papadopulos; e o profesor emérito de saúde pública da Universidade de Glasgow e asesor da Organización da Saúde Dr. Gordon Stewart.