Veciños discrepantes coa Xunta Rectora da Comunidade de Montes da Pedra, no concello de Cariño, non poden reunirse porque négaselles o uso de locales por parte do presidente da Asociación de Veciños, que ostenta tamén o cargo de presidente da comunidade de montes.
Actualmente existen varios locales disponibles a maior parte do tempo. O concello négase a involucrar neste asunto, atopándose os veciños en situación de desamparo. Ésta é a segunda vez que se negan as chaves, tendo que recurrir na primeira xuntanza ao auditorio municipal, fóra dos límites da parroquia.
O domingo día 4 de maio estaba prevista outra reunión veciñal que, se non se atopan solucións, celebrarase á intemperie.
Nas vindeiras datas, este grupo de veciños solicitará unha reunión cos responsables municipais para solicitar unha solución, sen descartar a futura creación dun protocolo de utilización dos locales da parroquia da Pedra e a súa extensión ao resto do concello.