Cuarta edición. A celebrar en Monforte de Lemos o próximo mes de agosto.
4º SEMINARIO DE MÚSICA MODERNA E IMPROVISACIÓN
MONFORTE DE LEMOS.
Do 18 ao 23 de Agosto 2008
Obxectivos
Coñecer a linguaxe da música popular moderna (melódico, rítmico, harmónico e formal) e a súa representación gráfica. Analizar repertorio dos estilos máis característicos (blues, rock, pop, bossa, jazz...), visual e auditivamente. Interpretar en conxunto (nas formacións propias de cada estilo) dito repertorio. Improvisar utilizando a linguaxe propia de cada estilo. Acompañar de forma repentizada este tipo de repertorio, unha vez coñecidos os seus recursos rítmicos e harmónicos. Arranxar de xeito elemental un repertorio destas características.
Contidos
Recursos expresivos (bend, growl, ghost notes, slide...) Esquemas rítmicos e melódicos propios de cada estilo (riffs, grooves, claves latinas, paos flamencos, ...) Acordes (quintas, tríadas, cuatríadas, cuartas, clusters...), cadencias, funcións harmónicas, modulacións Texturas (ostinato, voz pedal, contrapunto libre, ...) Formas típicas (canción, blues, estándar, rhythm changes...). Niveis da análise estrutural (secciones, temas, frases, semifrases, motivos, ...) Notación moderna (cifrado americano, notación rítmica da harmonía, slash, tabulado para guitarra e baixo...) Parámetros da interpretación (articulación, acentuación, fraseo...) Recursos compositivos: variación (rítmica, harmónica, formal,...), imitación (transporte, enlace, cambio de nivel, cambio de modo, ...), e contraste. Acompañamento concreto (esquemas fixos) e libre/improvisado. Recursos típicos de arranxos (segundo estilo): background, kicks, 8 s/4 s/2 s, pick ups, unis...
IMPROVISACION VOCAL: Técnica vocal, armonía de jazz para cantantes e combo de voces. NOTAS: Estes contidos enúncianse dun modo xeral, xa que se verán repartidos e particularizados en cada un dos grupos (tanto os de COMBO como os de TEORÍA). A repartición dos grupos realizarase en función da información recibida na solicitude de matrícula, podendo cambiar de grupo ata o segundo día do curso. MATRÍCULA
Prezo: 100 €
As inscricións poderanse enviar por correo postal, fax, ou por correo electrónico.
DIRIXIDO A
Persoas con coñecementos musicais que desexen achegarse á música moderna.
Persoas interesadas en ampliar coñecementos sobre a linguaxe empregada nos distintos estilos da música moderna.
Músicos profesionais, semiprofesionais ou estudantes coa necesidade de ampliar os seus recursos para a interpretación, a improvisación, a escoita, a creación, etc...
Profesores que fan ou queren facer música nas aulas. No seminario ampliaran os seus recursos pedagóxicos.
Poderan participar no seminario músicos de calquera especialidade instrumental. HORARIOS
Aulas teórico-prácticas. Conservatorio Profesional de música "Mestre Ibáñez":
10:30 H a 13:30 H 16:30 H a 18:30 H
ALOXAMENTO Prezo: 30 €, só estancia. Entrada a noite do domingo 17 e saída a mañán do domingo 24
Nº de prazas dispoñíbeis: 30. Asignadas por orde de inscrición
Reservas aloxamento: 986 844104 / 659 474352
A organización facilitará información sobre outros aloxamentos e restaurantes.
SEDE DO SEMINARIO
Conservatorio Profesional de Música " Mestre Ibáñez".
Avda. Emilia Casas Baamonde s/n.
Monforte de Lemos
ORGANIZACIÓN:
A Tempo-Escola de Música
Praza A Castaña, 2 baixo, 36.002 Pontevedra
teléfonos:986 84 41 04/ 659 47 43 52
fax: 986 84 41 04
http://www.escolaatempo.com
http://www.novasmusicas.com atempo.org@gmail.com INFORMACIÓN ADICIONAL
· Os grupos practicarán estes contidos nun repertorio axeitado ao seu nivel e composto por temas de diferentes estilos.
· Os grupos de traballo formaranse de acordo co nivel teórico e instrumental dos alumn@s.
· O grupo-Iniciación estará formado por alumn@s de 12 anos en adiante e con coñecementos básicos de instrumento. · Os asistentes recibirán un diploma acreditativo ao final do seminario.
· Ao longo da semana alumnos e profesores terán a oportunidade de participar en diversas sesións musicais organizadas en distintos pontos de Monforte de Lemos.
· As prazas son limitadas e asignaránse por orde de inscrición.
· Os participantes do seminario terán que levar o seu instrumento, guitarras e baixo eléctrico con amplificador, agás pianistas e bateristas.
· Todos os participantes deben traer un atril debidamente identificado.
· O coordinador e os profesores estudarán as solicitudes para para elixir o nivel axeitado a cada alumno. PROFESORES
Carlos Calviño [guitarra]
Profesor superior de guitarra polo Conservatorio Superior de Vigo. Colaborador de distintas formacións galegas (Quinta feira, Blanco, Oscar Ibáñez&Tribo, Fanjazz, Alberto Conde...). Actualmente combina o traballo como profesor de ensino secundario na especialidade de música co de profesor de guitarra e harmonía moderna na Escola de Música A Tempo (Pontevedra).
Roberto Somoza [saxofón e frauta]
Primeiro premio no Festival Xacobeo Pop Rock (1994).
Traballa con distintas formacións: "Atlantic band" (Fernando Llorca), a Big band do Conservatorio Superior de Música de A Coruña (formacións coas que grava sendos discos), dúo con Nani García, Uxía, João Afonso, Trío Jazzers, Susana Seivane, Alberto Conde. Forma parte do grupo Clunia Jazz.
Ten gravado dous discos co seu grupo Roberto Somoza Trío: " Regra de tres " " Tempos de cambio ".
Profesor do Conservatorio Superior de Música de A Coruña na Especialidade de Jazz.
Vicepresidente da Asociación Galega de Música Jazz (AGAMUJAZZ).
Charlie Moreno [ baixo eléctrico ]
estivo becado na Berklee School of Music. Actualmente é profesor de baixo e músico profesional. Recibiu aulas dos baixistas: Victor Wooten, Richard Bona, Victor Bailey...
Participou, como artista invitado, na homenaxe a Jaco no 2003. Windmill produce o modelo Windforce asinado por Charlie Moreno e deseñado seguindo as súas especificacións.
No 2005 edita o seu primeiro traballo en solitario: "So Lonely". Andreas Prittwitz produtor, Charlie Moreno coproduce xunto a Mariano Díaz pianista e técnico de son.
Formou parte do grupo Reunión '06 con Check Loeb guitarra, Eric Marienthal saxo, Anthony Jackson baixo, Jim Beard teclado, Josh Dion batería e Till Bröenner trompeta.
Foi coordinador dos seminarios e master class organizados polo festival internacional Canarias Jazz. Celia Mur (Voz)
Alumna da soprano lírica Maryan Bryfdir durante seis anos no Centro de Arte Lírico de Granada. Superou as probas de canto de 5º grado da Associated Board of The Royal Schools of Music do Reino Unido Celia Mur e unha das cantantes de jazz mais interesantes da xeración actual en España. Seu primeiro disco , "Footprints", deixou un grato recordo cando os afecioados ao jazz comprobaron a calidade do seu canto improvisado á maneira habitual do scat. Seu segundo disco "Las flores de mi vida" (Satchmo record 2003) e un percorrido intimista por aquelas cancions que ao longo da sua vida significaron algo para ela e cantadas en clave de jazz.
Joshua Edelman (Piano)
Ten participado en numerosos seminarios, producions e xiras internacionales. Gracias ao éxito dos seus últimos discos Antonio Serrano & Joshua Edelman Trío en el Central (2000), Conexiones (2001) y Fusión de almas (2003), Edelman goza dun recoñecido prestixio dentro do panorama musical español. Dende 1976 tivo a oportunidade de traballar con numerosos músicos e artistas, entre os que se encontran: David Schnitter, Chuck Israels, Abdu Salim, Donna Hightower, Ira and Claudia Thomas, Roberto Blades, Juan Pablo Torres, Bebo Valdés, Paquito D´Rivera, Pedro Iturralde, Perico Sambeat, Antonio Serrano, Jorge Pardo, José Antonio Galicia, Javier Colina, y Mario Rossy. Excelente pedagogo e bon comunicador, Edelman suma a sua completa formación e experiencia unha grande inquietude de renovación que sabe proxectar e transmitir na sua faceta docente.
Noli Torres (Batería)
Foi alumno do CEMM (Centro de Estudios de Música Moderna) antes de ingresar no Conservatorio de Música de Pontevedra. Durante o ano 1989 recibiu clases particulares de Fernando Llorca e desprazouse a Madrid en 1990 para estudiar na EMC (Escuela de Música Creativa) e máis no Taller de Jazz con profesores como Guillermo Mc Gill, Carlos Carli, Vicente Climent, Alfonso Carrascosa, Juan Sanmartín, Manolo Sánchez ou Joaquin Chacom. Ó longo da súa carreira participou en agrupacións moi diversas e tocou con músicos recoñecidos como Peter Delfinich, Abelardo Rábade ou Roberto Somoza. No ano 2007 publicou o seu último CD con VI-GOP QUARTET titulado "Live".
Miguel Angel Rodríguez [coordinador]
Licenciado en Filosofía e CC da Educación especialidade Sicoloxía Clínica (Santiago de Compostela). Profesor Superior de saxofón (Conservatorio de Sta. Cruz de Tenerife ). Director do coro "Cántigas e Agarimos" (Compostela).
Profesor de Secundaria, na especialidade de Música. Director da Big Band "Tejina", coa que participou na 1ª edición do festival de jazz de La Laguna. Director da orquestra "División Musical"do I.E.S Xunqueira 1, cos que ten gravado o disco "Rock no ensino público".
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Ingresar o importe da matrícula ( e o importe do aloxamento se fose o caso ) no seguinte nº de conta de
Caixa Galicia:
2091 0126 90 3110000019. Especificando como concepto do ingreso:
" 4º Seminario de Música Moderna e Improvisación"
Enviar este formulario xunto cunha fotocopia do ingreso a: A TEMPO Escola de Música ,
Praza A Castaña, 2 baixo,
36.002 Pontevedra.
FORMULARIO
nome e apelidos
idade
d.n.i
enderezo
nº
andar
c.p
poboación
provincia
teléfonos
correo electrónico
instrumento
anos de práctica
estudos realizados
sinale a opción desexada:
seminario sen residencia 100 €:
seminario con residencia 130 €
PROFESORES
Carlos Calviño [guitarra] Profesor superior de guitarra polo Conservatorio Superior de Vigo. Colaborador de distintas formacións galegas (Quinta feira, Blanco, Oscar Ibáñez&Tribo, Fanjazz, Alberto Conde...). Actualmente combina o traballo como profesor de ensino secundario na especialidade de música co de profesor de guitarra e harmonía moderna na Escola de Música A Tempo (Pontevedra). Roberto Somoza [saxofón e frauta] Primeiro premio no Festival Xacobeo Pop Rock (1994).
Traballa con distintas formacións: "Atlantic band" (Fernando Llorca), a Big band do Conservatorio Superior de Música de A Coruña (formacións coas que grava sendos discos), dúo con Nani García, Uxía, João Afonso, Trío Jazzers, Susana Seivane, Alberto Conde. Forma parte do grupo Clunia Jazz.
Ten gravado dous discos co seu grupo Roberto Somoza Trío: " Regra de tres " " Tempos de cambio ".
Profesor do Conservatorio Superior de Música de A Coruña na Especialidade de Jazz.
Vicepresidente da Asociación Galega de Música Jazz (AGAMUJAZZ). Charlie Moreno [ baixo eléctrico ]
estivo becado na Berklee School of Music. Actualmente é profesor de baixo e músico profesional. Recibiu aulas dos baixistas: Victor Wooten, Richard Bona, Victor Bailey...
Participou, como artista invitado, na homenaxe a Jaco no 2003. Windmill produce o modelo Windforce asinado por Charlie Moreno e deseñado seguindo as súas especificacións.
No 2005 edita o seu primeiro traballo en solitario: "So Lonely". Andreas Prittwitz produtor, Charlie Moreno coproduce xunto a Mariano Díaz pianista e técnico de son.
Formou parte do grupo Reunión '06 con Check Loeb guitarra, Eric Marienthal saxo, Anthony Jackson baixo, Jim Beard teclado, Josh Dion batería e Till Bröenner trompeta.
Foi coordinador dos seminarios e master class organizados polo festival internacional Canarias Jazz. Celia Mur (Voz) Alumna da soprano lírica Maryan Bryfdir durante seis anos no Centro de Arte Lírico de Granada. Superou as probas de canto de 5º grado da Associated Board of The Royal Schools of Music do Reino Unido Celia Mur e unha das cantantes de jazz mais interesantes da xeración actual en España. Seu primeiro disco , "Footprints", deixou un grato recordo cando os afecioados ao jazz comprobaron a calidade do seu canto improvisado á maneira habitual do scat. Seu segundo disco "Las flores de mi vida" (Satchmo record 2003) e un percorrido intimista por aquelas cancions que ao longo da sua vida significaron algo para ela e cantadas en clave de jazz. Joshua Edelman (Piano) Ten participado en numerosos seminarios, producions e xiras internacionales. Gracias ao éxito dos seus últimos discos Antonio Serrano & Joshua Edelman Trío en el Central (2000), Conexiones (2001) y Fusión de almas (2003), Edelman goza dun recoñecido prestixio dentro do panorama musical español. Dende 1976 tivo a oportunidade de traballar con numerosos músicos e artistas, entre os que se encontran: David Schnitter, Chuck Israels, Abdu Salim, Donna Hightower, Ira and Claudia Thomas, Roberto Blades, Juan Pablo Torres, Bebo Valdés, Paquito D´Rivera, Pedro Iturralde, Perico Sambeat, Antonio Serrano, Jorge Pardo, José Antonio Galicia, Javier Colina, y Mario Rossy. Excelente pedagogo e bon comunicador, Edelman suma a sua completa formación e experiencia unha grande inquietude de renovación que sabe proxectar e transmitir na sua faceta docente. Noli Torres (Batería) Foi alumno do CEMM (Centro de Estudios de Música Moderna) antes de ingresar no Conservatorio de Música de Pontevedra. Durante o ano 1989 recibiu clases particulares de Fernando Llorca e desprazouse a Madrid en 1990 para estudiar na EMC (Escuela de Música Creativa) e máis no Taller de Jazz con profesores como Guillermo Mc Gill, Carlos Carli, Vicente Climent, Alfonso Carrascosa, Juan Sanmartín, Manolo Sánchez ou Joaquin Chacom. Ó longo da súa carreira participou en agrupacións moi diversas e tocou con músicos recoñecidos como Peter Delfinich, Abelardo Rábade ou Roberto Somoza. No ano 2007 publicou o seu último CD con VI-GOP QUARTET titulado "Live". Miguel Angel Rodríguez [coordinador]
Licenciado en Filosofía e CC da Educación especialidade Sicoloxía Clínica (Santiago de Compostela). Profesor Superior de saxofón (Conservatorio de Sta. Cruz de Tenerife ). Director do coro "Cántigas e Agarimos" (Compostela).
Profesor de Secundaria, na especialidade de Música. Director da Big Band "Tejina", coa que participou na 1ª edición do festival de jazz de La Laguna. Director da orquestra "División Musical"do I.E.S Xunqueira 1, cos que ten gravado o disco "Rock no ensino público".