Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fisterra - teatro conmemorativo da Revolución do 25 de Abril

Dous rapazes, fillos dun "Capitão de Abril" auto-exilado na Galiza, gañan a vida coa venda de merchandising da Revolución. Aproveitando o éxito, deciden dar talleres de formación en teoria e prática revolucionaria. Contodo, os dous irmáns discordan sobre o que realmente aconteceu e, despois de se enfadaren, optan por pasar á reconstituición dos feitos.

Enviada por galaecia galaecia o 28/04/2008 02:04

O Colectivo Urbano Lugrís dirixe o convite á vosa presenza e o pedido de divulgación do acto que está a organizar para asinalar a Revolución do 25 de Abril, feito que levamos conmemorando dende 2004.
Este ano optámos pola organización dunha obra teatral inédita, escrita propositadamente para o evento polo premiado dramaturgo portugués Jorge Louraço Figueira, que abordará o espírito da Revolución nos nosos días, contando coa participación de actores portugueses e da Aula de Teatro da Universidade da Coruña. Unha obra irreverente de moito humor e interactiva, que pretende suscitar a reflexión sobre como herdamos os ideais da revolución.
"Fisterra" terá unha única representación no día 30 de Abril (víspera de festivo), ás 21 horas, no Auditório do Fórum Metropolitano da Coruña, co prezo de entrada de 5 euros, que poden ser adquiridas na billeteira da Praza de Ourense e do Fórum, e en www.servinova.com.

www.colectivourbanolugris.org


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: