Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Artigo dirixido ao delegado de Medio Rural en Lugo, Emilio López.

Este é un artigo sacado da web da FPG, firmado por celestino ribera. Vai dirixido ó delegado de medio rual en Lugo.
http://www.frentepopulargalega.org/index.php?option=com_content&task=view&id=205&Itemid=1

Enviada por Espasende Espasende o 26/04/2008 12:24
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

Amigo Emilio, Milucho, home, parece mentira. Tantos anos de loita, tantos anos traballando no sindicalismo labrego que mesmo chegaches a secretario xeral de CC.LL., tu, home do BNG, da rama da UPG dos coroneis, Milucho, home, é que non pode ser. Que chegaches a deputado no Parlamento, si home si, o parlamento galego, tantos anos no parlamento, tantos coma case dez que foron i agora vesnos coas que nos ves. Milucho, amigo, non pode ser. ¿O despacho pasou factura?   Seguro que segues sendo comunista, nacionalista i un gran patriota, ¿verdade? Pero na Xunta a vida é diferente i, claro, hai que asentarse a nova vida, ¿non? É que iso de andar polas cortes, está claro, cheirar a bosta, mancharse co traballo, falar cos gandeiros... ¡que tempos! Si amigo Milucho, que tempos. Pero as cousas cambian e cando un está nun despacho non vai a baixar onde están os gandeiros porque agora xa non es dos gandeiros, xa es da Xunta, i claro, mellor porse do lado dos novos amigos, ¿verdade Milucho? Mellor do lado de Lence i de leite Río que do lado duns 3.000 gandeiros, con ou sen cara tapada, tirando ou non leite, rebentando ou non as vallas. Compréndocho, claro que si.   Asústame tamén a falta de memoria, moito. ¿Foches ó médico á última revisión? ¿Que a primeira vez que a xente facía algo a cara tapada? ¿Eiquí? ¿En Galicia? ¿Seguro? Eu sei que o val do Lemos está mal comunicado pero, amigo, a tele, radio i ata internet, chegou, ¿ou non? Dígocho polo que dixeches na Radio Galega, que a primeira vez que en Galicia alguén facía algo alguén a cara tapada. Non me digas máis, estabas cando os confliutos de Ascón, Astano, Sidegasa, o metal de Vigo, as folgas xerais, os piquetes... estabas neses momentos cos gandeiros loitando, aló nas cortes, eilí manifestándose, camiñando o país, ¿non?   Milucho, amigo meu, o que che digo é duro pero pénsao. ¿De que lado estás? Non son de UUAA nin quero selo nunca pero non me veñas cos contos do PP de que hai intereses políticos cando se producen desordes nunha mobilización. ¿Non che soa a Nunca Máis e o Non á Guerra, non? A min si i xa son vello, i podo facer memoria. Mesmo naquelas anos de loita labrega que tu liderabas, amigo.   Non podes dicir "como se quere a lúa si se sabe que é imposible". Non amigo, porque iso non é revolucionario, que che abronca o Bautista, ¿ou non liches no seu editorial do Terra e Tempo, o teu voceiro, amigo? A lúa xa era dos gandeiros. Non é que queiran por imposible senón que a queren porque xa a tuveron e quérena de novo. Pero claro, si te pos a criticar as accións dos gandeiros fronte a actitude de Lence de lambido todopoderoso, si criticas as mobilizaciós fronte as empresas leiteiras, si criticas, en fin, ós que están loitando por non emigrar fronte ós que espolian ó pobo, claro, podes seguir sendo comunista, nacionalista i o que queiras porque como non miras a tele, radio ou internet, nos analfabetos todo é comprensible.


3,29/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: