Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fútbol e Sahara Occidental

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Fútbol e Sahara Occidental

Fútbol e Sahara Occidental

A mezcla de política e deporte non ten que ser sempre negativa. O partido da selección Galega xa fixo historia, agora pode facela unha vez máis.

Enviada por xakobe xakobe o 18/04/2008 11:00

O pobo Saharahui foi abandoado á súa sorte polo Estado Español de forma de que este permitise que o seu territorio fose ocupado por Marrocos. Na espera dun referendum prometido dende hai máis de 30 anos, o pobo Saharahui sobrevive grazas á axuda internacional en campamentos de Refuxiados en Arxelia.

É de sobra coñecido que o Estado Español non recoñece coma lexítimo goberno á República Árabe Saharahui Democrática por presión de Marrocos, cousa que si fan outros 70 paises. Asociacións galegas e españolas levan anos pedindo o recoñecemento do dereito de autodeterminación do pobo saharahui sen éxito pola falta de atención por parte dos medios o cal sume á poboación no descoñecemento do conflicto.

O evento que pode obrigar aos medios a falar do conflicto, aunar as vontades das persoas, e sensibilizar informando da situación é o partido que todos os anos, está a levar a cabo a selección galega con diferentes paises. Sendo o BNG un suposto defensor do dereito de autodeterminación saharahui, e tendo estes a "Consellaría de deporte e cultura" encargada de organizar este evento, non hai razóns para que isto non poida ser.

Sahara Occidental ten unha selección de fútbol nos campamentos de refuxiados, e xa levan xogados varios partidos e paises coma Italia. O evento supondría a organización e artellamento de todas as asociacións defensoras do Pobo Saharahui e unha presión política importante por parte da cidadanía.

Por esta razón, varias ONGDs e asociacións están a plantexarse o pedirlle á Xunta a celebración deste partido na festa do fútbol galego. Para conseguir isto, precísase o coñecemento e o apoio por parte da cidadanía.

Esperemos que o próximo partido da Seleción sexa: Selección Galega contra Sahara Occidental, o amistoso entre dous pobos. 


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: