Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Xa está aquí a 5ª edición do CONSPIRANDO por unha radio libre!

Como todos os anos o Colectivo Opaíí!–Rádio FilispiM, organiza para o vindeiro xoves "santo", 20 de marzo, una nova edición do festival "CONSPIRANDO por unha radio libre".

Este ano cumprense cinco edicións. É polo que, decidimos dar un salto cualitativo, canto a organización do mesmo, procurando un espazo aberto para a súa celebración.

Así, decidimos realizar todas as actividades, incluidas no "V CONSPIRANDO", na PRAZA DO INFERNIÑO, Ferrol, utilizando o palco existente na mesma, coma cenario para as actuacións dos grupos musicais. Ademáis, dadas as particularidades que conleva a organización do festival nunha praza pública, contamos coa colaboración puntual da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol.

Enviada por pequeno-monstro pequeno-monstro o 08/03/2008 12:59

PROGRAMA do "V CONSPIRANDO por unha radio libre".
MÚSICA:

Na 5º edición do "CONSPIRANDO", tocarán tres grupos, dous locais e un de fóra. Os estilos musicais serán variados: funk, tradicional e punk-rock. A parte músical do festival comezaría cara as 22:00 h. e remataría cara as 01:00 da madrugada.

Un dos grupos locais dos que xa podemos confirmar a súa presenza é THE SWEAT, que executan un irresistíbel funk-rock. Foron teloneiros de Macaco, nas pasadas festas de vrao de Ferrol + info do grupo en: http://es.myspace.com/thesweatfunk


ACTOS PARALELOS:

- PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL, en directo dende o estudio de RFM (Rádio FilispiM), con conexións en directo, horas antes do festival.

- FEIRA DE COLECTIVOS, no propio festival, previa aos concertos con postos e material divulgativo dos diversos colectivos, sociais, culturais, ecoloxistas, da nosa comarca que desexen participar e se inscriban previamente. Esta feira se desenvolvería nos postos que os colectivos instalaran na propia carpa, entre as 6:00 h. do serán e até que desexaren.

Opaii! - Rádio FilispiM, iniciou contacto con diversos colectivos de base da comarca do fin de convidarlles a participar na prevista "FEIRA DE COLECTIVOS". Lembramos a todos eles, que para colaborar, deste ou doutro xeito no "Conspirando", deben porse en contacto o antes posíbel con nós escribindo a: filispina@gmail.com

- GRAVACIÓN ÍNTEGRA DO FESTIVAL en formato radiofónico, para a súa futura emisión en Rádio FilispiM, 93.9FM


OBXECTO do "V CONSPIRANDO por unha radio libre".
O festival, como todos os anos, ten como obxecto a recadazón de fondos para autofinanciar Rádio FilispiM. Emisora, que non pertence a institución nen empresa con ánimo de lucro algunha, autoxestionada e ao servizo da comunidade, de aí que a proposta sexa libre e comunitaria, enmarcada dentro do terceiro sector da comunicación.

Ademáis, pretende a difusión dos artistas e grupos locais e a interelación das asociacións e grupos de base, que desexen participar na "FEIRA DE COLECTIVOS", para a difusión e mostra das iniciativas cidadás, a poboazón en xeral.

 
PODES ESCOITAR O AUDIO DESTA NOVA, baixar ou enlazar no teu blog, CLICANDO EN:
http://www.esnips.com/doc/841ff460-52eb-4ef7-bda6-bed47326dbc9/V-festival-CONSPIRANDO-por-unha-radio-libre---Radio-FilispiM-93.9FM---Colectivo-Opa%C3%AD%C3%AD


Colectivo Opaíí! (Ondas Para Activación Información Independente) - Rádio FilispiM, 93.9FM
Inscrito no rexistro de asociacións culturais da Xunta de Galiza, con nº 2004/007965/1 (AC)
Inscrito no rexistro de asociacións culturais do Concello de Ferrol, con nº 346

--
Rádio FilispiM, 93.9 FM
http://www.opaii.blogspot.com
A rádio livre e comunitária da comarca de Trás-Ancos
No 93.9 da FM


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: