Cando os contrarios se atopan frente a frente, adoita xurdir un enfrontamento. Mais cando o enfrontamento se torna máis formal que fondo, entón é cando unha realidade salta á palestra: A dualidade non é máis que unha simplificación, util, pero unha visión demasiado simplificada da vida.
Coma xa levo dito, o universo, semella un gran xogo de opostos. Con todo, co pasar do tempo, un/ha vaise dando conta de que os factores para cada cousa sempre son múltiples.
Con todo, aos "grandes homes" que viven na sombra do anonimato, a visión múltiple e completa da realidade interésalles ben pouco, e aínda menos que se expoña á opinión pública.
Ao través dos diferentes medios, véñennos dando unha visión da realidade reduccionista e enfrontada. Sempre tentan amosarnos dúas faccións enfrontadas, dúas visións do mundo, das cales nos dan a escoller só unha.
"Ou estás con nos, ou contra nos", esa é a elección que nos dan a escoller, ocultándonos precisamente algo moi importante: con outra persoa podemos estar de acordo en algúns temas, e non en outros, e, dado que ninguén coñece ningunha verdade universal, moitas veces, mesmo varias opinións, supostamente opostas, teñen puntos en común, e mesmo ata son compatibles.
Con todo, aos grandes poderes fácticos, vailles ben a imaxe reduccionista da dualidade. Deste xeito, poden enfrontar a unha xente con outra de xeito doado. De feito, provocar un conflito é moi doado (coma sempre o foi), pero aquí, aparece un elemento que, sen ser novo, si que adoita resultar novidoso para a persoa de a pé, aínda que non de todo estrano: Os conflitos son a riqueza dos poderosos.
Por exemplo: como Irak, o conflito de vietnam foi un conflito deseñado para durar o máximo posible. Deste xeito, poderían armar ás dúas faccións para logo, mentres se matan entre eles, ir controlando o país e os seus recursos.
Unha idea que, sen deixar de recoñecerlle a súa audacia, en absoluto oculta a traxedia que hai tras da mesma: a vida humana semella non ter valor nun todo contra todos no que nos teñen sumido, no que semella que cada paso que se dá é un "eu contra o mundo" ou "eu, coa miña camariña, contra o mundo".
Mais con todo, con este punto de vista, tamén se tenta alentar a división entre a xente para irnos vencendo nun ben calculado: "Divide e vencerás".
A semilla de todo isto é a desconfianza crónica que pretenden instalar nas nosas sociedades. A desconfianza cara ao outro, cara ao diferente. Dende o odio racial, ata os movementos exclusivistas teñen algo en común: a desconfianza, odio, rancor e xenreira cara o outro.
Por iso, como di un video que vai dando a volta á rede, hai un comezo de remedio, máis aló de toda doutrina relixiosa, de toda idea moral, ou de todo ideario ético: O amor.
Sei que haberá quen, neste punto, pense que peco de sensibleiro, lle pareza unha tontería, ou, sinxelamente, lle pareza algo utópico, pero, nin máis nin menos, é probable que sexa o que queren que pensemos, e todo, por unha razón moi clara: O amor axuda a nos unir, e iso é do que, precisamente, teñen máis medo.
Precisamente, aquí é onde, como era de agardar, a doutrina do medo se volve contra aqueles que a promoven.