Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Punto de recolllida de material informático do concello de Vigo

O concello de Vigo amosa a súa falla de conciencia ecolóxica ao non permitir reutilizar compoñentes informáticos.
Parece que a política medioambiental do concello é proposta para a galería e sen planificación

Enviada por realidade realidade o 24/02/2008 16:38

Explíco o que me pasou no punto de recollida de material informático do concello de Vigo.

O xoves 7 de febreiro ás 17.30 da tarde dirixinme ao Parque Central de Servizos do Concello de Vigo onde está ubicado o punto de recollida de residuos electrónicos e informáticos, co fin de buscar compoñentes informáticos.

O funcionario encargado do punto explicoume que estaba prohibido retirar material tanto ás persoas de fora coma aos propios funcionarios, tal como indicaba unha circular asinada por Roberto Mariño, xefe de servizo do parque central de servizos. Eu tentaba explicarlle que a mellor reciclaxe era a reutilización, logo disto enfadouse por sentirse hostigado pola miña actitude e chamou á policía para que me botara de alí.

Ante isto vou presentar escrito por rexistro do concello denunciando esta situación.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: