Adega-Coruña quere reivindicar así este espazo de indubidábel valor ambiental dentro da comarca
O sábado 23 de febreiro realizaremos un roteiro reivindicativo pola fraga do río Sisalde (Arteixo) até as brañas de Barrañán, acto que servirá para coñecermos máis de perto este espazo, reivindicarmos a súa conservación e posta en valor e denunciarmos as agresións que padeceu nos últimos tempos. A marcha partirá ás 11 da mañá da igrexa parroquial de San Tomé de Monteagudo. Da Coruña sairá un bus ás 10 da mañá do aparcadoiro situado na parte de arriba da estación de autobuses que parará tamén en Arteixo por volta das 10:30. Para anotarse, cómpre chamar a Alexandre (660 859 493) ou a Alberto (635 102 867). Ao remate do acto haberá un xantar na zona de Arteixo: o prezo por persoa será de 15€ e quen quixer asistir debera comunicalo como moi tarde o 21 de febreiro.