Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galicia Bilingüe invoca unha "cruzada" lingüística

- Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe, chama aos hispanófonos a unha "cruzada" lingüística contra la "imposición del gallego"
- A defensa da língua galega parte de "mentes calenturientas" e "ensoñaciones identitarias de una Galicia que nunca existió"
- A derrogración da "absurda y perniciosa" Ley de Normalización Lingüística convértese na principal demanda.
- O cumprimento do decreto supón "una obra de teatro en la cual los niños y los profesores tienen que utilizar una lengua impuesta"
- Lago compara a Manuel Rivas con Vicente Risco por defender "el sinsentido de una identidad basada en la Terra y la Lingua"
- "La normalización del gallego crea problemas psicológicos" sostén ao referirse a un caso dunha nena de doce anos que "va medicada a los exámenes de Coñecemento do Medio".
- O concepto de Lusofonía, motivo constante de mofa por parte da conferenciante e do aforo.
- Manuel Rivas, Castelao, A Mesa, a Xunta, CIG, Xerais, Carlos Callón... ninguén se libra dos ataques de Galicia Bilingüe
- Sobre a Mesa pola Normalización: "les hemos dejado crecer y hacerse fuertes".
- No exterior, decenas de manifestastes galegófonos eran reprimidos por un basto dispositivo antidisturbios.

Enviada por bernalrua bernalrua o 21/02/2008 17:56

O acto de presentación de Galicia Bilingüe en Vigo congregaba no Teatro García Barbón a máis de 500 hispanófonos que aplaudiron constantemente as intervencións de Gloria Lago e de José Pousada, representantes da organización. O público, maioritariamente de mediana e da terceira idade, asistiu a unha detallada explicación dos obxectivos desta asociación, entre os cales a proposta estrela é a derrogación da Lei de Normalización Lingüística. Corina Porro (ex alcaldesa de Vigo, PP) acudiu ao acto en compañía de decenas de coñecidos militantes do PP vigués.O acto foi interrompido catro veces por activistas a prol da língua, que portaban pancartas e cartaces co lema "o bilingüismo é españolismo", prontamente reducidos polos propios asistentes que os insultaron e agrediron aproveitando a confusión creada. Un dos activistas que subiu ao palco durante a elocución de Gloria Lago foi golpeado na cara en reiteradas ocasións. No interior había unha dúcia de axentes de seguridade privada que se encargaron de conducir ao exterior aos espontáneos, reténdoos até a identificación policial.

O castelán como "evolución lóxica" e "garante do benestar"


A presidenta e portavoz da asociación sitúa os inicios da "imposición lingüística" no nacemento da autonomía galega, momento no cal "nuestro otro idioma, el castellano, fue relegado y considerado como impropio de Galicia", e relacionando as aspiracións de autogoberno con "disparates étnicos de una Galicia que nunca existió". Así pois, asegurando romper "ciertos mitos y tabúes", sinalou que a língua galega nunca fóra discriminada e que os 500 anos de "asoballamento" serían en realidade "700 años de convivencia y coexistencia pacífica, desde la época de Alfonso X". Despois de xustificar os antecedentes históricos da hispanofonía en Galiza, e convidando á consulta de "pleitos y textos de la época que así lo certifican", así como "referentes claros de que en el s.XVI la lengua mayoritaria en Santiago, las urbes y villas era ya el castellano", defendeu o papel de Isabel a Católica como "garantes de los derechos de un pueblo que buscaba acabar con los desmanes feudales". Así pois, o proceso de substitución lingüística non respondería a ningunha imposición, se non a unha "elección voluntaria de un pueblo que buscaba su bienestar", incorporando progresivamente una lengua común, creada por el pueblo, sencilla en su fonética y escritura, que permitía viajar, comerciar, y elaborar documentos", nun proceso de "evolución lógica".Continuando coa revisión histórica, Lago sostén que cada lingua tería ocupado "su propio lugar hasta comienzos de la Autonomía" e "enriqueciéndose una a la otra", feito que desmostrou na castelanización do galego e no acento e xiros coloquiais dos hispanófonos, "palabras entrañables como mangallón" ademáis do "uso de los diminutivos".

Unha "coexistencia pacífica de lenguas" interrompida pola autonomía

A presidenta de Galicia Bilingüe defende que a coexistencia pacífica foi interrompida con "los inicios de la autonomía y la promulgación de la Ley de Normalización Lingüística", un momento no cal "con el pretexto de la defensa de la lengua gallega habían nacido una serie de colectivos" fundamentados na herdanza de "ciertos escritores gallegos que nos dejaron mucha literatura pero legaron unas ideas caducas" como Castelao "que sostenía la galleguidad por obra y gracia de la lengua" y que "adoctrina a nuestros niños en que el bilingüismo no es posible porque la lengua poderosa asesina a la otra".

Manuel Rivas e Castelao, "escritores con ideas caducas"


Tamén houbo tempo para atacar a Manuel Rivas, que comparou con Vicente Risco na "defensa da identidade definida pola Terra e Língua", momento no cal suscitou os risos do público ao ironizar sobre a "implicación ecológica del toque Greenpeace". Aprobeitou para cargar contra a CIG por certos contidos da súa páxinas web, e deu paso a un bloque íntegramente adicado á Mesa pola Normalización Lingüística.

"Los hemos dejado crecer y hacerse fuertes"

Gloria Lago sinalou que en torno á Mesa "giran otros grupos cuya carga ideológica se sitúa fuera del sistema". Neste aspecto, lamentouse de que "los hemos dejado crecer y hacerse fuertes, y ahora son ellos los que dictan la política lingüística". Acusou a Carlos Callón, presidente do organismo de defensa do galego, de pretender "eliminar el castellano de la enseñanza e introducir el portugués" (aseveración que produciu de novo risas entre o público).

Problemas psicolóxicos nos nenos

Mostrou a súa preocupación polo Decreto que permite que "en muchísimos centros sólo tengan una asignatura en español" cando "ni siquiera en las zonas rurales los paisanos quieren un modelo integral en gallego para sus hijos". A este respeito, sinalou o cumplimento da Lei como "una obra de teatro en la cual los niños y los profesores tienen que utilizar una lengua impuesta" e recoñeceu ter vulnerado a lexislación na súa aula. A continuación, Lago expuxo os problemas dunha nena de doce anos que vai "medicada a los exámenes de Sociales y Coñecemento do Medio por la dificultad del gallego" e incidiu nos problemas psicolóxicos que a normalización pode crear nos alumnos.Lago denunciou a pretensión por galeguizar nomes e apelidos, motivo que unha vez máis xerou gargalladas no aforo, e sinalou que que a normalización da língua vai parella "al adoctrinamiento ideológico" que pretendería "la exlusión del español". Atacou duramente os contidos da materia de Língua Galega, en especial o libro de texto de Xerais que acusa de "escoller imágenes violentas y poemas que hablan de la República Galega y otras barbaridades". Ademáis, acusou aos inspectores de educación de exercer de comisarios políticos.

Situación "única en Europa" producto de "mentes calenturientas" e "ensoñaciones identitarias"

José Posada tomou a palabra, finalmente, para explicar as medidas que propón Galicia Bilingüe, encamiñadas á derrogación da "absurda y perniciosa" Lei de Normalización Lingüística. Entre outras propostas, exhortou aos hispanófonos a denunciar os edificios oficiais que non estivesen rotulados nos dous idiomas e a esixir documentación en formularios oficiais en castelán. Tamén esixiu a limitación drástica de subvencións de Política Lingüística para que non interfiran nos mecanismos do libre mercado. Por último, denunciou que o caso de discriminación dos hispanófonos en Galiza é "sangrante" e "único en Europa". Atribuiu a defensa da língua galega a "mentes calenturientas" e "ensoñaciones identitarias de una Galicia que nunca existió", á parte de condenar a un poder político que "mediante un proceso de ingeniería social pretende entrometerse en la vida de los ciudadanos".Para subverter a "discriminación da la lengua española" nos colexios propón a afiliación masiva ás APAS e como colofón, lembrou unha cita sobre a fin da "coexistencia pacífica" de linguas en Catalunya como consecuencia do Goberno Pujol logo da fin do Franquismo. Cifrou en 14.000 os "exiliados" do país catalán por motivos lingüísticos.Gloria lago retomou a palabra para invocar unha "Cruzada" lingüística por "todas los rincones de Galicia" para atallar a "discriminación do castelán".

A Lusofonía, motivo constante de mofa


Respeito a unha proposta da Fundación Vía Galego para favorecer diplomacia galegófona en países da lusofonía, os asistentes voltaron rir de novo, como anteriormente o fixeran ao citar Lago a proposta de introducir o portugués no ensino. Tamén houbo espazo para criticar a normativización do galego, ao contar o caso dunha dona que se lamentaba de que "o cura na misa falaba en portugués e non logrei entender nada". O concepto de lusofonía ou de identidade entre galego e portugués convertíase nun motivo frecuente de risa e ironía por parte de conferenciantes e público, así como a proposta de re-galeguización de nomes e apelidos.


Policarpo-Sanz, baixo sitio

A conferencia demorouse corenta e cinco minutos debido ao operativo policial e antidisturbios que tiña lugar nas inmediacións do teatro García Barbón. Desde horas antes, case unha centena de policías rodeaban o Teatro, acompañados dun amplo dispositivo formado por brigadas motorizadas e furgóns blindados, destinadas a protexer aos hispanófonos dos eventuais altercados que se puidesen producir. A presenza sobre-dimensionada das forzas de seguridade non conseguiu disuadir aos manifestantes galegófonos, que pouco a pouco se ían posicionando en fronte do teatro, momento no cal as FSE ían cercando o núcleo que se comezaba a formar. Provistos dunha faixa onde se vindicaba o idioma galego, a capacidade de movemento das decenas de concentrados víase limitada polos axentes que os cercaban. Minutos despois, logo dun estourido aínda por determinar, mais presumíbelmente unha detonación dun dispositivo anti-disturbios, producíase unha primeira carga que deixaba vários contusionados, entre eles un concentrado cunha ferida na cabeza. De maneira inxustificada, os anti-disturbios arremetían contra os manifestantes para reprimir a manifestación , cando nada indicaba que supuxeran un perigo potencial. A agresión violenta a un dos manifestantes, na cal os axentes golpearon con saña a un veciño de Coruxo, baixo a frase "a ti te teníamos ganas" pode dar idea do nível de violencia exercido polo operativo. Despois das carreiras por Policarpo Sanz, de varias identificacións arbitrarias e do intento de confiscar a video-cámara dun reporteiro, o grupo ficaba disperso. Un reagrupamento e posterior reubicación por parte da policía remataba nunha concentración controlada na esquina inmediata ao teatro. A detención dun manifestante provocou unha concentración pacífica diante da comisaría.


4,46/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Galicia Bilingüe invoca unha "cruzada" lingüística