Os responsábeis local e comarcal de Galiza Nova en Compostela envían un comunicado sobre os incidentes en Económicas.
Rexeitamos o cuestionamento da protesta como medio lexítimo dos movementos, fóra e dentro da universidade, expresar ideas e visibilizar os conflitos.
Condenamos, igualmente, a manipulación e intoxicación que hexemonizou a presenza dos feitos nos medios, cunha clara focaxe electoralista e criminalizadora dos movimentos.
Condenamos unha actuación policial e xudicial esaxerada, puramente espectacular e guiada pola oligarquía dos mass-media.
Esiximos a inmediata posta en liberdade dos detidos e o freno á caza de bruxas (no xudicial e académico) contra organizacións e activistas da que estamos a ser testemuñas.
Asinan (a título individual):
Xoán Rodríguez Sampedro, responsábel comarcal de Galiza Nova en Compostela
Ignacio Lugilde Santos, responsábel local de Galiza Nova en Santiago de Compostela