Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A vergoña do galego

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de A vergoña do galego

A vergoña do galego

Dedicada a meu amigo Moncho Valcarce, que de seguro botaría un sorriso ao oir este relato, mentres dabamos conta dunhas cervexas "Estrela de Galiza", sen dúbida a mellor cervexa do mundo enteiro e parte do estranxeiro, no Chamorro en Sésamo

Enviada por BonKarallan BonKarallan o 16/02/2008 21:16

En Bruxelas realízase a convención mundial de produtores comerciais de cervexa, á que asisten os representantes das máis prestixiosas compañías cervexeiras do mundo.

Concluída a convención, todos os representantes reúnense a festexar o éxito do evento, para o que se atopan na cafetería do hotel onde tivo lugar a celebración.

Unha vez alí, non conseguen porse de acordo en que pedir. Para romper o xeo, o representante checo chama á camareira máis próxima e dille:

'Unha Budweiser, por favor'.

Chega a quenda entón do holandés, quen di:
'Para min, unha Heineken, se fose tan amable'.

A continuación, pide o danés:
'Gustaríame tomar unha Calsberg'.

E o mejicano:
'Tráiame unha Coronita'.

E o australiano
‘A min unha Foster's se é tan amable? ‘

E o irlandés:
'Ponme unha Guinness'.

E así seguiron todos os representantes das compañías, pedindo a cervexa que eles mesmos producían.

O último en pedir foi o representante galego  de ‘Estrela de Galiza', quen dixo:
'Pra min un auga mineral, por favor'.

Sorprendidos, os demais representantes pregúntanlle o porqué de tan estraña decisión, e por que non pediu unha "Estrela de Galiza", ao que responde:

'Se vostedes non van tomar cervexa, eu tampouco'.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: