O BNG de Santiago presentou hoxe de mañá o seu novo sitio na rede www.bng-compostela.org. Foi na Libraria Couceiro e no mesmo estiveron presentes Nine Paz, responsábel de Comunicación do BNG de Compostela, e Miguel R. Penas, tecnico de comunicación.
Con un deseño limpo, no que sobre todo prima a información, bng-compostela.org comeza a camiñar como un portal informativo que pretende ser un vínculo de contacto entre a cidadanía compostelana e o BNG. Unha páxina dinámica que estará en constante crecemento adaptándose ás necesidades de cada momento e que se irá completando con máis seccións.
Con bng-compostela.org a organización local do BNG quere mostrar todo o seu traballo no goberno municipal de Santiago mais tamén os seus posicionamentos como organización política. Na mesma porase a disposición de todos diverso material para descarga: vídeos, pdf's de documentos, audios, fotografias en alta resolución,...
O obxectivo é que todo o mundo poda acceder á información que xenera o BNG na cidade de Santiago, xa sexa como organización política ou como forza de goberno. Ademais, tamén se achegará información de caracter nacional e estatal que teñan un especial interese para a cidadanía compostelana.
Boletín Semanal
Unha das ferramentas de comunicación directa máis interesantes será o boletín (newsletter) semanal que desde bng-compostela.org se enviará a calquera persoa que o subscriba na propia páxina. Este boletín achegará, vía correo electrónico, a información máis destacada dos últimos 7 días.
Construído con software libre, concretamente coa plataforma Joomla, bng-compostela.org pretende facilitar a navegabilidade a todos os usuarios incluíndo botóns de creación directa de pdf's, de impresión en papel e de envío de contidos por e-mail. Tamén ao final de cada noticia se inclue a posibilidade de enviala directamente a varias das redes sociais máis dinámicas, como o caso de Chuza!