"A ría e nosa e non de Reganosa", o berro que tamén se oiu na despedida a Carmelo en Catabois.
Estiveron familiares, amigos e compañeiros de loita. Entre os presentes estivo o nacionalista Xosé Manuel Beiras e varios políticos da comarca, aínda que a maioría erqan do movemento veciñal e das asociacións que el fundou e dirixiu, Fuco Buxán e o Comité Cidadán de Emerxencia.
A esposa de Carmelo Teixeiro, Vitoria Fernández, e os seus tres fillos trasladaron as súas cinzas e depositáronas no nicho familiar logo dun breve funeral na capela do cemiterio. Unha vez terminada a cerimonia relixiosa léronse dous comunicados de condolencia por parte de Fuco Buxán e o Comité Cidadán nos que se subliñou o "espírito de rebeldía" de Teixeiro e o seu compromiso por facer deste mundo un lugar máis igualitario.