Mariñeiros de Carnota aseguran ter visto a esta especie neste pequeno illote rochoso situado a máis de tres quilómetros da costa.
Nas últimas semanas varios mariñeiros aseguran ter avistado polo menos un exemplar de raposo nas Illas Lobeiras, territorialmente pertencentes ao concello de Corcubión mais situadas a poucos quilómetros da costa de Carnota. Se ben ao principio se especulara conque o especime chegara a nado, os veciños cada vez teñen máis claro que un individuo capturou no monte e trasladou ao animal (ou animais) ata a illa coa suposta intención de mermar a poboación de gaivotas. A imaxe torna máis dantesca se cabe coñecendo a existencia neste lugar de varias poboacións de aves protexidas como cormoráns e alcatraces e sabendo da voracidade do raposo en situacións extremas.