Dende as 14:00 h. de hoxe, e a proposta da Capitanía Marítima de Vigo, a Autoridade Portuaria de Vigo, decidiu pechalo porto.
Ante o empeoramento actual das condicións do mar e vento de compoñente oeste con refachos de forza 9, por motivos de Seguridade Marítima, a Capitanía Marítima de Vigo propón a Autoridade Portuaria de Vigo a suspensión de tódolos servicios portuarios de practicaxe e das operacións de atraque de buques, a partir das 14:00 h. de hoxe. Avaliada a situacion as 16:30 h. de hoxe, a Capitanía Marítima de Vigo decidiu manter tódalas medidas adoptadas e as 18:30 h., volveu a avaliar a situación. Finalmente as 18:45 horas restableceronse con normalidade as operacións portuarias.
GzS