Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A Ciberirmandade reclama que a Confederación de Empresarios de Pontevedra use o galego

Nesta nova campaña a Ciberirmandade da Fala propón que nos dirixamos aos empresarios da provincia de Pontevedra, para demandarlles una maior uso do galego, comezando por ofrecer unha versión en galego da súa páxina web.

Enviada por ferreira ferreira o 14/01/2008 21:50

O mundo empresarial é un dos eidos nos que tradicionalmente houbo máis reticencias para unha incorporación normal do galego. Movidas por prexuízos culturais foron demasiadas as empresas que, malia estar totalmente galeguizadas no seu desenvolvemento interno, vendían os seus produtos ou ofrecían os seus servizos en idioma alleo.Pero xa desde principios dos anos oitenta houbo importantes empresas que optaron por incorporar con normalidade o uso do galego, sendo hoxe en día cada vez máis habitual a presenza da lingua propia de Galiza no eido empresarial.Porén, a Confederación de Empresarios de Pontevedra semella permanecer ancorada no pasado, inmóbil no seu rexeitamento ao uso do galego. E isto malia que a súa matriz, a Confederación de Empresarios de Galiza, se declara "en sintonía coa sensibilización lingüística presente na sociedade", e asegura que "asumiu o reto de apostar decididamente polo uso e extensión do galego, pilotando un proxecto de dinamización lingüística enfocado ao ámbito empresarial".Desde a Ciberirmandade da Fala queremos darlle aínda máis motivosSegue a ler á CEP para que mude a súa actitude, e faga do galego a lingua de seu. Envíalle un correo desde aquí .


5/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: