Vieiros

Vieiros de meu Perfil


CANGAS: Non pasarán. A RÍA NON SE VENDE

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de CANGAS: Non pasarán. A RÍA NON SE VENDE

CANGAS: Non pasarán. A RÍA NON SE VENDE

A cidadanía de Cangas, agrupada no Foro Social desa vila do Morrazo, leva máis de dous anos resistindo tódolos días: é fácil dicilo pero o valor da súa constancia é difícil de medir. Resistindo pacífica pero firmemente, coa súa presencia diaria diante das máquinas, á construción do porto deportivo e a urbanización ilegal de Massó, no Salgueirón. A Promotora Residencial Marina Atlántica, que ten como principal accionista a Caixanova, está anunciando estes días mediante unha gran campaña publicitaria, que vai intentar comezar esas obras ilegais. As ilegalidades e os seus responsables serán denunciadas/os ante a fiscalía no mesmo momento en que as máquinas comecen a executalas.

Enviada por taurozen taurozen o 12/01/2008 12:40
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

Cando nas eleccións municipais do pasado maio foi derrotado o PP e substituído polo tripartito BNG, PSOE, ACE (opostos a tal actuación), moitos pensamos que a batalla rematara con ben.
Pero non.

O novo proxecto que ven anunciando na prensa pretende ser unha versión suave dunha obra que vai destrozar o entorno, e ven sendo a coartada para xustificar cambios de opinión. Non entendemos como unha entidade de caracter pretendidamente "social" como Caixanova se pode adicar a actividades especulativas, a pelotazos que representan graves atentados ao medio ambiente. Todo isto estase facendo co silencio cómplice da Autoridade Portuaria de Vigo e de parte dos partidos gobernantes nese concello, BNG e PSOE, que manteñen agora unha atitude ambígua, cando non favorábel, a un proxecto rexeitado polos veciños e veciñas de Cangas, incumprindo deste xeito o pacto asinado entre as tres forzas políticas que gobernan neste concello.
Dende A RÍA NON SE VENDE queremos manifestar o noso rexeitamento á construción de máis portos deportivos, que deterioran e privatizan a costa, non crean os postos de traballo que nos pretenden vender e van ligados á especulación urbanística que tanto mal está facendo.Por todo isto, foille remitido á Autoridade Portuaria de Vigo un escrito no que lle lembran que este proxecto inclúe actuacións ilegais sobre dominio público marítimo terrestre, ilegalidades que poden ser castigadas con penas de inhabilitación e cadea e que ademais non prescriben.

Toda a información en A RÍA NON SE VENDE


4,88/5 (25 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: