Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Carnota perde a súa Galescola por vontade do concello

O equipo de goberno de Carnota (PP) conseguiu derribar o proxecto de unha Galescola para concello, xa contratado polo goberno anterior e que ía ser financiado pola Xunta. O alcalde puxo como argumento que a ubicación non era a axeitada, e chegou a calificar a Galescola de gueto.

Enviada por Percheron Percheron o 11/01/2008 17:38

A obra da Galescola de Carnota foi licitada e contratada á empresa EXOGA polo goberno municipal anterior no mes de marzo, por un importe de 550.000 euros. Debería haber estado rematada e xustificada antes do 31 de decembro do ano 2007. A ubicación da Galescola seleccionada polo concello e valorada positivamente pola Xunta foi a carón da pista polideportiva de Carnota, onde pasaría a formar parte do conxunto de institucións públicas xa existentes, formada polo Colexio Primario, o Centro de Saúde, a Casa do Concello e as propias instalacións deportivas municipais.

Pero o novo goberno local de José Oreiro (PP) non quixo comezar as obras, argumentando "a inconveniencia de que a Galescola tivera dúas alturas" e que o sitio "non era o axeitado". Incluso chegou a calificar a Galescola de Carnota de gueto.

Ao longo do mes de decembro de 2007 a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza comunicou ao Concello de Carnota a imposibilidade de aceptar a súa solicitude de prórroga para a reformulación do proxecto de Galescola de Carnota que aprobara o goberno anterior.

Dita prórroga era claramente inviábel, posto que a partida orzamentaria específica que financiaba a práctica totalidade da Galescola de Carnota caducaba en decembro deste ano, data en que a obra tiña que estar non só comezada senón rematada e entregada.

A pesares de que o goberno local era consciente de elo, optaron por insistir obcecadamente por derribar o proxecto xa contratado polo goberno anterior, facendo ouvidos xordos ás reiteradas advertencias da oposición e argumentando o "avanzado estado" dunhas supostas negociacións para ofrecer unha ubicación alternativa, das que nunca máis se soubo.

Máis información:
http://bng-carnota.blogspot.com/2008/01/perda-da-galescola-de-carnota-xa.html
http://bng-carnota.blogspot.com/2007/11/o-pleno-do-5-de-novembro-confirma-que.html
http://bng-carnota.blogspot.com/2007/10/galescola-mareando-perdiz.html


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: