É habitúal escoitar sobre a suposta simpatía de Rodríguez Zapatero e o seu goberno, incluso entre sectores nacionalistas galegos, para as distintas sensibilidades nacionais que habitan en España; mais o certo é que -agás honrosas excepcións- a realidade é caprichosa e desmente ese conto en demasiadas ocasiones.
Poderíamos ter a tentación de caer no victimismo e falar sobre a eterna mentira do Tren de Alta Velocidade en Galicia
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2007/09/02/0003_6106659.htm?idioma=galego
http://www.burbuja.info/inmobiliaria/showthread.php?t=6388
ou sobre un informe da Fundacion BBVA que proba que o investimento en infraestruturas a partir do ano 1965 foi sustancialmente menor en Galicia á consignada para Cataluña ou -sempre mencionada pola causa dos nacionalistas españois- Andalucía; ata o punto que causa verdadeira conmoción que esa diferenza se vaia incrementando ao longo dos últimos 40 anos, os últimos 30, lembrémolo; co Ditador xa morto.
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2007/09/19/0003_6153955.htm?idioma=galego
...Pero non imos caer na tentación do victimismo localista pois se ampliamos o enfoque, observaremos que esa suposta sensiblidade é outra gran falacia que encobre o desprezo para a plurinacionalidade do Estado Español e a falta dese respecto institucional tan necesario para unha convivencia democrática e xusta.
Así, podemos observar como o Goberno español leva mais de ano e medio sen debater coas Autonomías no Senado, ata o punto de que a Comisión de Comunidades Autónomas ten case 30 comparecencias pendentes desde 2005 porque os Ministros españois consideran que é un formato de debate demasiado amplo á súa xestión (sic)...obviamente, o PP só está pendente de sacar partido a este caos para evitar unha reforma progresista e plurinacional da Cámara Alta.
http://www.elpais.com/articulo/espana/ministros/llevan/ano/debatir/autonomias/Senado/elpepuesp/20070923elpepinac_2/Tes
Esta é só unha pequena mostra -a mais grande é o que está a acontecer en Euskadi- pola que eu non creo nesa suposta bondade do Goberno de Rodríguez Zapatero e do PSOE coas Nacionalidades de Estado Español e considero que forma parte da súa tan manida formula do "cambiar todo para que nada cambie", utilizando formas democráticas mais sen ningunha intención dun troco real e efectivo.
Esta e a miña opinión dende o Reino Unido: ¿Quizais peor que nunca?.