Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A desvergonza de "Air Comet" e súa correspondencia en "El País"

O pasado venres "Air Comet" decidiu mediante un simple correo electrónico suspender todos os seus voos entre os Estados Unidos e España. Ningunha información sobre este incidente apareceu nos medios de información nacionais.

Enviada por embogo embogo o 23/05/2007 14:52

Ignacio Pascual, conselleiro de "Air Comet", declaraba fai uns días no suplemento de economía de El Mundo que a súa empresa aproveitara a crise de "Air Madrid" para acelerar os seus planes de expansión (Nueva economía, 372, 13-5-07).

Esta "expansión" foi servirse da coxuntura da empresa en proceso de desaparición mediante un convenio co Ministerio de Fomento no que se trataría de recolocar aos empregados de "Air Madrid". Ademais de non cumprir co pactado (Cinco Días, 8-5-07), o pasado venres, 18 de maio, mediante un simple correo electrónico aos clientes, "Air Comet" suspendía todos os seus voos que conectaban Nova Iorque con Madrid, sen previo aviso e sen ningún tipo de explicación.

É de supoñer que os miles de afectados terán intentado facer pública esta noticia, pero non hai constancia de ningunha nova nin na televisión nin na prensa. A razón quizais se atope na máis que posible retirada da licencia por motivos de seguridade para esta liña aérea por parte das autoridades dos Estados Unidos. Debemos lembrar que a actual "Air Comet" é a antiga "Air Plus Comet", de ingrato recordo e continuas reclamacións dos pasaxeiros, obviamente sen resposta por parte da empresa.

O que isto suscribe, que non se trata dun afectado directo, pero si indirecto, intentou valerse do servizo público do xornal El País, na sección "Yo periodista", para dar información cumprida desta situación. A redacción deste xornal rexeitou esta misiva, de novo quizais, por un contido inapropiado contra os intereses do Grupo Marsans. Un paso máis neste medio hacia a manipulación e a desinformación.


4,62/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: