Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Un galo e o empurre do noroeste fan tremer Galiza

As dúas conferencias xogarán nesta fin de semana o Torneo do Galo e a 2ª Xornada da LNB, retransmitindo en directo e por primeira vez directamente dende as pista do NorLeste e do NorOeste.

Enviada por sak sak o 13/12/2007 12:06
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

Iste domingo 16 de Decembo tremerá a terra coas dúas conferencia da LNB funcionando á vez. Na conferencia NorLeste 1º OPEN BILLARDEIRO da tempada coa celebración da IV Edición do Torneo do Galo con fases clasificatorias para palanadores sen federar durante a mañá, e pola tarde no colexio Dionisio Fierros de Ribadeo baterse polo presitxioso Galo da LNB. E no epicentro NorOeste , 2º asalto a partires da 19:30 H con luz artificial da liga regular na pista da Zapateira, unha espectacular xornada que poderedes seguir en directo por medio de OVARALMORSE que mediante munición SMS e coa aprotación tecnolóxiva de blogaliza fai posible que nas demarcacións horarias de 17H , 18H , 19H , 20H e 21H conectedes en directo cos resultados e as vibracións que se produzan nas dúas pistas de xogo. Outro deporte e outra comunicación son posíbeis!!


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: