A Facultade de Políticas continúa a xornada de folga en protesta pola irregular implantación do novo plano de estudos.
O vindeiro LUNS 10, continuando coa xornada de folga iniciada o Mércores 5, o estudantado de Políticas, movilizándose baixo a PLATAFORMA POLO NON, continuará coas súas protestas e arredor das 10:30 realízarase unha marcha cara a Reitoría pra entregar máis de 1000 alegacións ao novo plano no rexistro.
Somos conscientes de que o fiasco que está a acontecer na nosa facultade tarde ou cedo se extenderá á totalidade do estudantado, por iso chamamos ao estudantado galego a loitar conosco. Únete ao NON!