Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Relixión, Fóra das aulas!

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Relixión, Fóra das aulas!

Relixión, Fóra das aulas!

Os Comités Abertos de Estudantes avogamos por un ensino laico. A relixión ten que sair da escola pública pois as crenzas relixiosas forman parte do ámbito privado e, polo tanto, o ensino relixioso debe quedar ao marxe do obrigatorio e fóra do currículo escolar. A escola hoxe, máis que nunca, debe ser un espazo público, onde o adoutrinamento relixioso e ideolóxico queden fóra das súas portas.Exiximos que a relixión quede fóra do currículo escolar e que non se permita ningún símbolo relixioso nos centros escolares.

Enviada por CAE CAE o 16/11/2007 00:34

Relixión, fóra das aulas! Estudar é un dereito que se nos recoñece a todas e todos os estudantes,nun ensino que se di democrático e afastado de doutrinas impositivas. Mais,pola outra banda séguese a manter no ensino e mesmo a reforzar, unha materiasectaria e ideoloxista que non busca outro fin que alienación das e dosestudantes nuns preceptos falsos e retrógrados, non estamos a falar doutracousa que da relixión. Os Comités Abertos de Estudantes avogamos por un ensino laico. Queremosque a relixión saia da escola pública pois as crenzas relixiosas forman partedo ámbito privado e, polo tanto, o ensino relixioso debe quedar ao marxe daensinanza obrigatoria e fóra do currículo escolar. A escola hoxe, máis quenunca, debe ser un espazo público, onde o adoutrinamento relixioso ouideolóxico quede fóra das súas portas. O actual goberno do PsoE non só non cumpriu as propostas sobre este temaque lanzaba cando estaba na oposición, se non que impulsou unha reforma, a LOE,que segue a lexitimar o ensino relixioso católico e reforza o papel doscatequistas. Os Comités Abertos de Estudantes exiximos que a relixión quede fóra docurrículo escolar, que non se permita ningún tipo de símbolo relixioso noscentros escolares e que, con diñeiro público, con diñeiro de todas e de todos,non se pague o adoutrinamento relixioso.


Mais información en :
http://www.comitesabertos.org/cae


4,57/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Relixión, Fóra das aulas!